Manuel Rivera Martorell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxos varios
Elisardojm (conversa | contribucións)
plantel>equipo/cadro (via JWB)
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Rivera, formado no equipo da Escola Noctura Obreira do Club Deportivo Ferrol, estivo vinculado case durante toda a súa carreira deportiva ao [[Racing de Ferrol]], exceptuando media tempada que militou no [[Deportivo da Coruña]], en 1933/34. Foi un dos grandes nomes da historia do Racing por talento deportivo e liderado no vestiario, e auténtico ídolo e referencia de varias xeracións de racinguistas. Estivo a piques de ser convocado pola selección española e foi pretendido por diversos clubs importantes do fútbol español, pero el sempre elixiu quedar en Ferrol e defender a camiseta verde agás o curto paso polo gran rival dos racinguistas. Considerado un dos mellores medios centros do fútbol galego de antes da Guerra Civil, abandonou o fútbol en [[1938]] por unha lesión de corazón. Co Racing foi tres veces campión de Galicia e formou parte do plantelequipo que debutou na 2ª División en 1934/35. Tras a súa retirada como futbolista exerceu de delegado do club verde e tamén foi adestrador, tanto do cadro "reserva" como do primeiro equipo, neste último caso nas campañas 1943/44 e 1948/49.
 
Rivera faleceu en decembro de 1952 e, na súa memoria, o Estadio do Inferniño (construído en 1921 e remodelado entre 1949 e 1951) pasou a chamarse ''Estadio Manuel Rivera'' dende xaneiro de 1954.