Erros e Tánatos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 30:
 
* '''Bull & Mignonne''': en 1988 un home que traballa para a [[Televisión de Galicia]] vai nun tren por [[Suíza]], desde [[Interlaken]] até [[Montreux]]. Comeza a falar cun fotógrafo italiano, e ao cabo sobe ao tren unha muller fermosa que comeza a mirar cara a eles. Logo dunha parada a muller senta a carón dun home portugués, e comezan a falar e se acariciar. O italiano quere seducir a muller, así que noutra parada se presenta como [[Psiquiatría|psiquiatra]] ante o portugués e dille que a muller ten brotes agresivos. O portugués marcha, e o italiano consegue falar coa muller.<br>Tras se despediren, ao cabo de cinco días o galego le no xornal ''[[Die Zeitung]]'' que o fotógrafo fora devorado polos [[dóberman]]s da muller en [[Chamby]].
* '''Castelos na area''': Manuel é un rapaz do [[O Saviñao|Saviñao]]. Está nun [[campamento]] da [[Organización Juvenil Española]] en [[Vilanova de Arousa]], e vai participar nun concurso de [[Castelo de area|castelos de area]] na [[As Sinas, Vilanova de Arousa, Vilanova de Arousa|praia das Sinas]] canda a rapaces e rapazas de toda Galicia. Aspira a conseguir a minimoto do primeiro premio ou unha [[Bicicleta de estrada|bicicleta de carreiras]] do segundo e terceiro premio. Porén, o premio é para un rapaz pontevedrés de boa familia e coñecido polos membros do xurado. Encabuxado, Manuel róuballe a pistola ao xefe do campamento e intenta [[Suicidio|suicidarse]], mais a arma non vai. Ao cabo, achégase ao canaval onde está o Gobernador Civil -que estaba no xurado-. Manuel, pídelle que lle axude a coller unha pelota, e empúrrao ao fondo dun pozo. Finalmente, unha familia de [[Caldas de Reis]] que o animara durante o concurso regálelle un balón de fútbol.
* '''O amigo Delmiro''': Un [[Emigración galega|emigrante galego]] en [[Salvador, Baía|Salvador]] está xubilado e reláxase paseando. A súa filla ten medo polos continuos atracos que hai, mais o ancián non lle fai caso. Un día achégase a el un home que se presenta como Delmiro e que di ser amigo do seu fillo. O vello, Antonio Castro, convídao a ir até a súa casa para lle dar o teléfono do fillo. Na casa a neta desconfía e dillo ao avó. Este, tranquilo, dille que o descoñecido está a falar por teléfono co seu fillo. A neta dille ao descoñecido que lle pase o teléfono, mais córtase a liña. Suspicaz, a neta saca un revólver e o descoñecido bota a correr, e a neta dispáralle desde o balcón. Ao cabo, soa o teléfono e o fillo de Antonio explica que estaba a falar co seu amigo Delmiro e que se cortou a liña.
* '''Tinta chinesa''': en setembro de 1993 o protagonista serve de anfitrión ao escritor galés Arthur M. Morgan na celebración co congreso do [[Pen Club Internacional]], que se celebra no [[Hostal dos Reis Católicos]] de [[Santiago de Compostela]]. Logo de cearen saen de troula. O galés pide ir a un prostíbulo, e o protagonista lévao a preto do [[O Milladoiro, Biduído, Ames|Milladoiro]]. Alí coinciden cun vello coñecido, que axiña se fai amigo do galés. De volta a Compostela, teñen un accidente na [[A Ponte da Rocha, Conxo, Santiago de Compostela|Ponte da Rocha]]. Chaman a un [[taxi]], e Morgan dálle cartos ao taxista para que un guindastre leve o coche a un taller.<br>Xa pola mañá o protagonista dille a Morgan que no xantar ha coincidir con Cecil Hiraeth-Llewellyn, outro escritor galés co que Morgan se leva mal, e este ofrece vinte mil [[Libra esterlina|libras]] aos homes por se desfaceren del, ou cinco mil a repartir se son intermediarios. O penúltimo día do congreso, Cecil Hiraeth-Llewellyn aparece morto na bañeira do seu hotel, e o protagonista sospeita que o seu coñecido se encargou de o matar. Un mes despois recibe unha carta desde [[Cardiff]] cun cheque por 2 500 libras e unha nota en [[lingua galesa]]. O protagonista busca o seu coñecido mais non o atopa, e vai a comisaría para informar á policía do sucedido.<br>Logo da morte de Morgan nun accidente de tráfico en [[Copenhaguen]], entrevistan o protagonista na televisión e conta todo o que pasou. Un galés agrédeo, ofendido, e ao pouco chega á policía. Esta infórmao de que o seu coñecido está nun centro de desintoxicación, e de que a nota que lle mandara Morgan desde Gales indica que o cheque é para cubrir a reparación do coche accidentado.