Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
deica > ata
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 21:
A '''Grecia insular''' poderíase dividir nas illas de maior extensión, situadas a norte e sur do Mar Exeo, e tamén fronte ás costas da Grecia continental e da [[Anatolia]] e os grupos de illas menores, distribuídas nos [[arquipélago]]s das [[Cícladas]] e as [[Espóradas]], que forman un arco entre aquelas e a illa de [[Rodas]]. As máis principais das illas gregas no Mar Exeo, e de norte a sur, son: [[Tasos]], [[Samotracia]], [[Imbros]], [[Lemnos]], [[Lesbos]], [[Ikos]], [[Esciros]] e [[Quíos]]. A máis extensa é a de [[Eubea]], xunto das costas da [[Beocia]] e da [[Ática]]. Fronte da Ática atópanse as illas de [[Illa de Salamina|Salamina]] e [[Exina]]. Do arquipélago das Cícladas forman parte, entre as principais, [[Andros, Grecia|Andros]], [[Tenos]], [[Keos]], [[Paros]], [[Naxos]], [[Melos]], [[Íos]] , [[Amorgos]], [[Astipalea]] e [[Santorini|Tera]]. As Espóradas están formadas por [[Illa de Samos|Samos]], [[Icaria]], [[Calimna]] e [[Cos, Grecia|Cos]]. Deben considerarse á parte as illas de maior tamaño, [[illa de Creta|Creta]], [[Rodas]] e [[Chipre]]. Entre o [[Peloponeso]] e Creta está [[Citerea]] e entre Creta e Rodas están as illas de [[Cárpatos]] e [[Kasos]].
 
A "'''periferia grega'''" componse dunha serie de rexións na bacía do [[mar Exeo]] que estiveron plenamente [[helenismo|helenizadas]] e que viñan a ser coma enclaves en territorios bárbaros. Así, nas costas setentrionais habería diversas cidades gregas, cun territorio máis ou menos extenso, na [[Propóntide]] ([[Mar de Mármara]]) e nas costas da [[Frixia (rexión)|Frixia]] e da [[Tracia]]. Nesta última estaba moi helenizada a [[península Calcídica]]. Nas costas de [[Asia Menor]], fronte á illa de Lesbos deicaata a Illa de Rodas, poderían considerarse na Antigüidade tan gregas como os territorios a outro lado do Exeo. Eses territorios estaban nucleados arredor das cidades como [[Pérgamo]], [[Elea]], [[Esmirna]], [[Clazomenas]], [[Éfeso]], [[Mileto, Grecia|Mileto]] ou [[Cnido]] e os seus arredores non diferían moito da Grecia continental, con costas recortadas e clima mediterráneo húmido, aínda que neles desembocarían ríos de certa importancia que viñan da Anatolia como son o [[Escamandro]] e o [[Meandro]].
 
== A Prehistoria ==
Liña 40:
=== O Bronce Antigo ===
==== Grecia Continental ====
O Bronce Antigo presenta dous períodos ben diferenciados: O '''Tesálico''', que abarca o norte do país, e o '''Heládico''', que abrangue as rexións centrais e occidentais e o Peloponeso. Estes períodos dividíronse en tres fases: I , II e III. En conxunto o Bronce antigo prolongouse deicaata o 2000 A . C. En torno a esta derradeira data iníciase o Heládico medio, que presenza unha invasión, un punto e á parte tras o cal comeza un período completamente distinto. Os invasores son os verdadeiros gregos que veñen a sobreporse a unha poboación antiga, que os gregos chamaban ''[[pelasgo]]s'' . Esta invasión formaba parte dunha migración moito mais fonda, que por causas que se descoñecen, dislocáronse dos seus asentamentos no sur de [[Rusia]] e deron lugar a unha vertebración dos pobos que se empurraron uns a outros trocando o panorama étnico e cultural da Europa e o Oriente no III milenio A . C. Dúas ramas deste deslocamento achegáronse a Asia Menor: os [[hitita]]s e os [[luvita]]s e os gregos na Grecia. Estes primitivos gregos parece que se achegaban nun estado cultural moi atrasado. A súa entrada foi moi violenta, ao tenor das destrucións que se atopan nos estratos arqueolóxicos da época. Co tempo, aprenderon dos pobos sobre os que se impuxeron a agricultura, a navegación e certas crenzas relixiosas.
 
==== As Cícladas ====
Liña 56:
{{Artigo principal|Civilización minoica}}
 
As sociedades repartidas no ámbito grego deicaata entón, chamadas prehelénicas, fixeron a evolución dende a prehistoria até tempos protohistóricos con moita rapidez, especialmente no medio insular, que asistiu en Creta á primeira cultura palacial, característica da illa.
 
[[Ficheiro:Throne_Hall_Knossos.jpg|miniatura|dereita|200px|Salón do Trono do [[Cnosos|Palacio de Cnosos]].]]
Liña 132:
 
=== Atenas ===
A [[Ática]] non sufrira a invasión doria e a poboación xónica parece que se organizou a partir do [[século -IX|século IX]] a. C., unificando o seu territorio e abolindo as monarquías micénicas. Na Época Arcaica atopamos xa o goberno en mans dunha oligarquía formada pola nobreza de sangue ([[eupátrida]]s), pero a boa saúde económica da cidade non ofreceu problemas deicaata o século VII a. C., no que unha clase mercantil próspera, vinculada ao comercio marítimo, comezou a deixar sentir as súas reivindicacións dunha maior participación no goberno. Así mesmo, os campesiños, cansos dunha situación de vida na precariedade, e que se agravou coa implantación da moeda, rematando coa economía de [[troque]]s dos seus produtos. Os conflitos de clase fóronse agudizando e as reformas de [[Dracón]] tiveron unha orientación democrática, no senso de poñer coto á arbitrariedade dos eupátridas, cara a recoñecer os dereitos de tódolos cidadáns, pero ao mesmo tempo fixo proverbial a dureza das leis, implacábeis á hora de demandar responsabilidade individual. Pero os problemas continuaron sen se resolver e aló polo 590 a. C., [[Solón]][[Ficheiro:Solon.jpg|miniatura|dereita|200px|Busto de Solón no [[Museo Nazionale]], [[Nápoles]].]] achegou unhas reformas que se traduciron nun estímulo para os pequenos e medios propietarios. As medidas de representación política foron moderadas e baseáronse en consideracións [[censo|censatarias]], isto é, clasificáronse os cidadáns pola contía dos seus ingresos.
 
As fontes da época presentan a Solón como o pai da [[democracia ateniense]], pero non foron decisivas, xa que pouco despois, Atenas caeu na tiranía. Os problemas centrábanse nesta ocasión nos [[pedieo]]s, que eran os agricultores da chaira e os [[paralio]]s, que eran os habitantes da costa favorecidos polo auxe marítimo. Os políticos apoiaron os primeiros, menos influentes pero máis numerosos, e un de eses políticos, [[Pisístrato]], tomou pola forza a [[acrópole]] ateniense en tres ocasións. Á terceira conseguiu manterse no poder por 12 anos. Non introduciu reformas pero usou o poder e a súa fortuna persoal para socavar a influencia da nobreza. Promoveu obras públicas e suntuarias e promoveu as exportacións de aceite e viño, así como a cerámica, o que favoreceu as economías dos oleiros e agricultores. A moeda de prata ateniense co símbolo da curuxa da deusa Atenea converteuse na divisa internacional máis prestixiosa.
Liña 141:
{{Artigo principal|Guerras médicas}}
 
Son as guerras que libraron os gregos para defender a súa independencia do expansionismo do [[imperio persa]]. O nome de ''medos'' é unha inexactitude histórica, xa que estes foron vencidos polos persas no 550 a. C. e daquela [[Ciro II]] fundou un imperio rexido pola súa dinastía, a [[Aqueménida]], con manifesta vontade universalista. Unificou Oriente, respectando as culturas dos diversos pobos que ía conquistando, baixo a súa autoridade e creou un vasto espazo económico que favoreceu as actividades mercantís e a xeración de riqueza. O Imperio estendíase dende [[Tripolitania]] e o Exeo deicaata o [[Río Indo|Indo]], e dende as beiras do [[mar Caspio]] e [[mar de Aral|Aral]] até o [[mar de Arabia]]. Os persas propuxéronse conquistar Europa. Instaláronse a outra banda do [[Bósforo]], dende [[Tracia]] ate [[Quersoneso]]. E alí foi onde se produciu o choque cos gregos.
 
Os gregos da costa de Asia Menor procuraron manter boas relacións co poderoso Ciro, pero no [[-546|546]] a. C. este xa destruíra o [[reino de Lidia]] e tomara prisioneiro o seu rei [[Creso]], famoso polas súas enormes riquezas. Pouco despois estalou a rebelión en Lidia e os gregos prestaron o seu apoio aos alzados. A resposta de Ciro foi subxugar os territorios asiáticos poboados por eolios e xonios, dende o Helesponto deicaata [[Halicarnaso]], implantando un duro réxime de ocupación. Esta situación acentuouse con [[Darío I]], que impuxo aos gregos pesados tributos, esixindo servizo de armas. Pouco a pouco íase dando a situación de enfrontamento directo.
 
=== As campañas de Darío ===
Liña 247:
A desaparecer estes dous personaxes, tanto en Atenas como Esparta, fixéronse co poder os partidarios da paz: Nicias e Pleistoanacte. No ano [[-421|421]] a. C. asinouse o que se coñece como [[paz de Nicias]], por 50 anos, onde ningún dos dous bandos se recoñecía como vencedor, pero foi Atenas a gran beneficiada, xa que recuperou todos os territorios que formaban a Confederación, agás Anfípolis, que era a chave do dominio da [[Tracia]].
 
Tanto en Atenas como en Esparta non tardaron en formarse faccións contrarias ao tratado de paz. Foi o ateniense [[Alcibíades]] quen se dedicou incansablemente a socavar o poder espartano por toda a Grecia e no mesmo Peloponeso, e forzou a ruptura con motivo dun conflito menor. [[Axis I|Axis]], rei dos espartanos, ofreceu unha nova tregua, pero un exército confederado penetrou deicaata o corazón do Peloponeso e tomou [[Texea]], na [[Arcadia]], non lonxe de Esparta. O enfrontamento era inevitábel e o propio Axis logrou unha resoante vitoria en [[Mantinea]]. En Atenas, foron moitas as voces contrarias a Alcibíades pero ao cabo foi o artífice do xiro da política ateniense e do novo rumbo que tomou a guerra.
 
=== A guerra en Sicilia ===
Liña 311:
Como en ocasións anteriores, os propios socios de Tebas foron os que pronto se amosaron cansos daquel dominio e xurdiron os movementos de afirmación local. De novo foron os persas os que chamaron a paz, esta vez no Santuario de [[Delfos]], pero non chegaron a ningún acordo porque ninguén quería renunciar aos seus supostos dereitos e a guerra continuou. Ao ano seguinte foi Tebas a que pediu a paz, esgotada polo esforzo militar e por non chegar a ningún resultado duradeiro. Esta paz asinouse no [[-366|366]] a. C.. Tebas abandonou o Peloponeso e Atenas seguiu tecendo o seu imperio marítimo.
 
Transcorreron dous anos e unha vez máis a situación complicouse e conduciu a outro enfrontamento. En [[Arcadia]] o movemento localista foi atraendo máis e máis partidarios, co que se chegou a formar unha liga, que se dedicou a buscar apoios. No seo da Liga unha facción inclinábase por manter unha estreita relación con Tebas, garante de que a rexión non volvería á órbita de Esparta, e cuxo núcleo estaba en [[Texea]], mentres que a política de distanciamento de Tebas estaba en [[Mantinea]]. Con motivo dun intento de golpe de estado en Texea, ao parecer promovido por Tebas, deu lugar ao enfrontamento das diferentes políticas e os seus aliados. Todo rematou na [[Batalla de Mantinea (362 a. C.)|batalla de Mantinea]], que tivo a maior transcendencia para a historia de Grecia, porque non só representou o final da hexemonía de Tebas, senón o preludio do fin do réxime das polis e dunha serie de constantes deicaata entón na historia da Hélade. Foi o fin dunha época. Epaminondas morreu na batalla. Os tebanos, que gañaran polas armas, déronse por vencidos, pero ninguén se deu por vencedor.
 
== Macedonia ==
Liña 350:
 
=== Conquista de Asia Menor ===
No [[-334|334]] a. C. o exército da [[Liga de Corinto]], no que predominaban os elementos macedónicos até sumar uns 40.000 homes entre as forzas da infantería e cabalería, atravesou o Helesponto e venceu aos persas nun encontro xunto do [[río Gránico]], na [[Frixia (rexión)|Frixia]]. Despois, Alexandre foi descendendo cara ao sur e conquistando as cidades gregas deicaata [[Halicarnaso]], a máis meridional. Pero non as entregou á Liga, senón que as incorporou ao reino de Macedonia, o que deu lugar ás primeiras mostras de descontento.
 
Se os persas estivesen minimamente á altura do seu adversario, terían atacado Grecia e terían cortado as súas liñas de subministración, tal como aconsellaba [[Memnón de Rodas]], un grego que cun grupo de mercenarios se pasara ao bando persa e sabía como se aproveitar das inimizades que Alexandre creara. Pero os persas optaron pola batalla campal, confiando en que se atopaban no seu territorio e cunha evidente superioridade numérica.