Sólido (moeda): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes previos á publicación do artigo.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes previos á publicación do artigo.
Liña 37:
 
=== O sólido nos imperios de Oriente e de Occidente ===
[[Ficheiro:Umayyad Arab-Byzantine Solidus.jpg|miniatura|'''Sólidos''' [[Mundo árabe|árabe]]-[[Imperio Bizantino|bizantinos]]. O de arriba, dos tempos do califa [[Muawiyah I]] ([[661]]-[[680]]); o de abaixo, do califato omeia, imitación dos sólidos de [[Heraclio]] ([[610]]-[[641]])]]
En [[395]], a derradeira separación do Imperio en [[Imperio Romano de Occidente|Occidente]] e [[Imperio Bizantino|Oriente]] non cambiou a unidade do sistema monetario, ata tal punto que os sólidos emitidos en [[Constantinopla]] circulan con regularidade en Occidente.
 
No imperio oriental, déuselle a esta moeda a denominación grega de ''[[nomisma]]'', aínda que no ámbito [[Numismática|numismático]] é frecuente a alternancia entre ambas as denominacións (sólido e nomisma) para estas moedas orientais, ata a súa desvalorización do [[século X]] e a definitiva desaparición baixo o reinado de [[Aleixo I Comneno]] ([[1081]]-[[1118]]), cando foi substituída por unha nova moeda de maior pureza, chamada ''[[hyperpyron]]''. Unha derivación dese sólido bizantino foi o denominado ''[[besante]]'', que circulou fundamentalmente polo [[mundo árabe]] e en certas áreas do [[Mediterráneo]].
 
[[Ficheiro:Visigothic_Libius_Severus_722233.jpg|miniatura|esquerda|Cuñaxe [[visigoda]] que imita un '''sólido''' de [[Libio Severo]] ([[461]]-[[466]])]]
A situación é máis complexa no imperio de Occidente tras as grandes invasións<span></span>: no reduto romano, os obradoiros monetarios imperiais de [[Rávena]], [[Milán]], [[Roma]] e, ás veces, [[Arles]], continuaron a emitir soldos coas efixies dos emperadores, ata [[Rómulo Augústulo]] en [[476]], mentres que os [[pobos xermánicos]] que se instalaron como federados nas provincias periféricas cuñaban imitacións destas pezas, tamén con bustos e lendas alusivos aos emperadores romanos, aínda que con marcas ficticias do lugar de fabricación. Con estes precedentes, a partir da fin do reinado de [[Valentiniano III|Valentiniano III,]] preto de [[450]], o [[Visigodos|reino visigodo de Tolosa]] emitiu soldos de peso inferior, o efémero [[Suevos|reino suevo]] da [[Península Ibérica]] emitiu terzos de soldo, e outro tanto fixeron posteriormente os [[Burgundios]].
 
Logo da fin política do Imperio de Occidente, marcada pola destitución de Rómulo Augústulo en 476, o sólido aínda seguiu circulando. Foi moi imitado polos [[Bárbaro|pobos bárbaros]], especialmente polos [[Dinastía Merovinxia|merovinxios]], aínda que as máis das veces no seu valor dun terzo de sólido (''tremissis'').