Sólido (moeda): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Solidus (monnaie)"
 
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes previos á publicación do artigo.
Liña 1:
[[Ficheiro:Solidus_multiple-Solidus Constantine II-thessalonica_RIC_vII_163vheraclea RIC vII 101.jpg|miniatura|200x200px|Moeda dun sólido e medio, cuñado'''Sólido''' a nome de [[Constantino I o Grande|ConstantinoII]] en ([[327317]], no obradoiro monetario de -[[Tesalónica337]])]]
O '''sólido''' (en [[latín]]: ''solidus'') foi unha [[Moeda da Antiga Roma|moeda romana]] do [[ouro]] da época do [[Imperio Romano|Imperio]], introducida nos inicios do [[século IV]] en substitución do [[áureo]], que, por mor da súa estabilidade, continuou a súa existencia en [[Imperio Bizantino|Bizancio]] ata o [[século XI]], constituíndo a base dos sistemas monetarios de ambos os imperios.
 
Tras a súa desaparición, o sólido foi a base de diferentes moedas posteriores, con circulación en diferentes rexións do mundo.
 
== Orixe do sólidoHistoria ==
=== Orixes ===
[[Ficheiro:Solidus_multiple-Constantine-thessalonica_RIC_vII_163v.jpg|miniatura|esquerda|220x220px|Moeda dun '''sólido''' e medio, cuñado a nome de [[Constantino I o Grande|Constantino]] en [[327]], no obradoiro monetario de [[Tesalónica]]]]
O sólido foi creado por Constantino na súa reforma monetaria, cun [[peso]] teórico de 4,5 [[Gramo|gramos]] de ouro fino, para financiar o seu [[exército]] e as súas [[Guerra civil|guerras civís]]. Na práctica, viña substituir o áureo como moeda de ouro, que fora instituído por [[Diocleciano]], e pasou a se converter na unidade de conta do Imperio, en detrimento do [[denario]] de [[prata]].
 
Cuñouse por primeira vez no obradoiro monetario de [[Tréveris]], cara a [[309]] ou [[310]], e máis adiante, logo da vitoria sobre [[Maxencio]] en [[312]], noutros de [[Italia]], cun peso de 1/72 de [[Libra (masa)|libra]] (4,55 gramos), motivo polo que ás veces amosaba a marca [[Numeración romana|LXXII]] (72).<ref>"[http://www.sacra-moneta.com/Numismatique-romaine/Les-monnaies-d-or-romaines.html La création du Solidus par Constantin]". En ''Les monnaies d'or romaines. www.sacra-moneta.com (en francés)''</ref>
 
En adiante, Constantino foi quen de manter a estabilidade do peso do sólido, apoiado por feitos como a recuperación, en [[324]], do tesouro de guerra do seu adversario [[Licinio]], e as confiscacións de [[metal precioso|metais preciosos]] que se conservaban en templos, en [[331]]. Paralelamente, para a reposición regular das súas existencias de ouro e para asegurar efectivo para os seus elevados gastos, Constantino tivo que crear novos [[impostos]], que cumpría pagar maioritariamente en ouro:
Liña 16 ⟶ 19:
Ademais das emisións regulares de sólidos, existiron tamén [[múltiplos]] co valor dun sólido e medio, dous e aínda máis, que se cuñaron en tiraxes moi limitadas, co gallo de celebrar acontecementos tales como aniversarios imperiais ou nomeamentos dos altos [[Funcionario|funcionarios]], e tamén para [[Agasallo|agasallos]]. Estas moedas non estaban destinadas á súa circulación efectiva.
 
=== Consolidación do sólido ===
[[Ficheiro:Solidus_Valens_-_transparent_background.png|miniatura|'''Sólido '''a nome de [[Valente]], coa marca OB no reverso, que acredita que é de ouro puro]]
A produción de sólidos, que dimunuíra tras a conversión en moeda dos tesouros de Licinio, volveu a coller pulo en [[340]], grazas a un novo fluxo de ouro proveniente de novos [[Xacemento xeolóxico|depósitos]] que comezan a explotarse arredor de [[390]].
 
A garantía do peso do sólido era necesaria desde o punto de vista [[Economía|económico]], aínda que se ía vendo comprometida polo desgaste natural das pezas causado pola circulación, e tamén pola fraude que supuñan os recortes e as limaduras dos cantos. Para estes efectos, o [[Lista de emperadores romanos|emperador]] [[Xuliano]] introduciu en [[363]] a figura duns funcionarios controladores en cada cidade grande do Imperio, responsables de comprobar o peso dos sólidos e de arbitrar nos conflitos producidos no comercio por este problema. Este corpo de funcionarios mantívose vixente baixo a dinastía valentiniana.
 
[[Ficheiro:Solidus_Valens_-_transparent_background.png|miniatura|'''Sólido '''a nome de [[Valente]], coa marca OB no reverso, que acredita que é de ouro puro]]
En [[368]], [[Valentiniano I|Valentiniano]] e [[Valente]] reforzaron o valor do sólido, pasando a lei do metal precioso do 95 % a máis do 99 %, garantida pola marca OB (''obryziacus'': "de ouro puro") no reverso dalgunhas moedas.
 
Baixo [[Teodosio]], a creación das denominacións de medio sólido (''semis ''ou ''semissis'') e, especialmente, dun terzo de sólido (''tremis ''ou ''tremissis''), esta última con 1,5 gramos de ouro e moi amplamente cuñada, fixo máis accesible o uso das moedas de ouro polos particulares, polo que aumentou a súa difusión nos circuítos económicos.
 
=== Posición dominante do sólido ===
No contexto dun sistema monetario en que o peso e o valor das moedas de prata e de [[bronce]] flutuaban adoiro (xeralmente cara a abaixo), o sólido, cunha extensión uniforme polos territorios do Imperio, era a única moeda estable como base da expresión de débedas e prezos. Georges Depeyrot resúmeo así: "o sólido de ouro convértese no pivote da economía e dos cambios durante séculos". 
 
Liña 33 ⟶ 36:
Na segunda metade do [[século IV]], a produción anual de soldos estímase entre un e dous millóns de pezas, cantidade que de seguro se incrementaría os anos de grandes campañas militares.
 
=== O sólido nos imperios de Oriente e de Occidente ===
[[Ficheiro:Visigothic_Libius_Severus_722233.jpg|miniatura|Cuñaxe [[visigoda]] que imita un sólido de [[Libio Severo]] ([[461]]-[[466]])]]
En [[395]], a derradeira separación do Imperio en [[Imperio Romano de Occidente|Occidente]] e [[Imperio Bizantino|Oriente]] non cambiou a unidade do sistema monetario, ata tal punto que os sólidos emitidos en [[Constantinopla]] circulan con regularidade en Occidente.
No imperio oriental, déuselle a esta moeda a denominación grega de ''[[nomisma]]'', aínda que no ámbito [[Numismática|numismático]] é frecuente a alternancia entre ambas as denominacións (sólido e nomisma) para estas moedas orientais, ata a súa desvalorización do [[século X]] e a definitiva desaparición baixo o reinado de [[Aleixo I Comneno]] ([[1081]]-[[1118]]), cando foi substituída por unha nova moeda de maior pureza, chamada ''[[hyperpyron]]''. Unha derivación dese sólido bizantino foi o denominado ''[[besante]]'', que circulou fundamentalmente polo [[mundo árabe]] e en certas áreas do [[Mediterráneo]].
 
[[Ficheiro:Visigothic_Libius_Severus_722233.jpg|miniatura|Cuñaxe [[visigoda]] que imita un '''sólido''' de [[Libio Severo]] ([[461]]-[[466]])]]
A situación é máis complexa no imperio de Occidente tras as grandes invasións<span></span>: no reduto romano, os obradoiros monetarios imperiais de [[Rávena]], [[Milán]], [[Roma]] e, ás veces, [[Arles]], continuaron a emitir soldos coas efixies dos emperadores, ata [[Rómulo Augústulo]] en [[476]], mentres que os [[pobos xermánicos]] que se instalaron como federados nas provincias periféricas cuñaban imitacións destas pezas, tamén con bustos e lendas alusivos aos emperadores romanos, aínda que con marcas ficticias do lugar de fabricación. Con estes precedentes, a partir da fin do reinado de [[Valentiniano III|Valentiniano III,]] preto de [[450]], o [[Visigodos|reino visigodo de Tolosa]] emitiu soldos de peso inferior, o efémero [[Suevos|reino suevo]] da [[Península Ibérica]] emitiu terzos de soldo, e outro tanto fixeron posteriormente os [[Burgundios]].
 
Liña 44 ⟶ 47:
== Descendentes do sólido ==
O nome do sólido (lat: ''solidus'') está na orixe de denominacións monetarias posteriores como "[[soldo (moeda)|soldo]]" (con variantes idiomáticas como ''sol'', ''sou'', ''shilling'', etc.), e doutras palabras do noso idioma, como "soldo" (salario) ou "soldado".
{{sucesión
| título = [[Ficheiro:Solidus Julian-transparent.png|180px]]<br />[[Sólido (moeda)|Sólido]]
| período = [[Imperio Romano]] e [[Imperio Bizantino]]
| predecesor = [[Ficheiro:Aureus Valerian-RIC 0034-transparent.png|180px]]<br />[[Áureo]]
| sucesor = [[Ficheiro:Hyperpiron of Michael VIII Palaiologos.jpg|180px]]<br />[[Hyperpyron]]
}}
 
== Notas e referencias ==
{{Listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Outros artigos ===
* [[Moeda da Antiga Roma]]
* [[Moeda bizantina]]
* [[Imperio Romano]]
* [[Imperio Bizantino]]
* [[Nomisma]]
* [[Besante]]
* [[Soldo (moeda)]]
 
=== Bibliografía ===
* Burnett, Andrew. ''Coinage in the Roman World''. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4
* Cayón, Juan R. ''Compendio de las monedas del imperio romano''. 1985. Tomo 1: ISBN 978-8492098002. Tomo 2: ISBN 978-8492098019
* Cohen, Henry. ''[http://www.virtualcohen.com/ Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain]''. París, 1882.
* Depeyrot, Georges. ''Le Bas Empire romain, économie et numismatique (284-491)''. Edition Errance, 1987. ISBN 2903442401
* Grierson, Philip. ''Byzantine coinage''. Dumbarton Oaks. 1999. ISBN 978-0-88402-274-9
* Hendy, Michael F. ''Studies in the Byzantine Monetary Economy c.300-1450''. Cambridge University Press, 1985. ISBN 0-521-24715-2
* Melville Jones, John R. ''A Dictionary of Ancient Roman Coins.'' Spink. Londres, 2003.
* Sabatier, Justin. ''[https://books.google.es/books/about/Description_g%C3%A9n%C3%A9rale_des_monnaies_byza.html?id=e2MCAAAAYAAJ&redir_esc=y Description générale des monnaies byzantines frappées sous les Empereurs d'Orient].'' 2 vol. París, 1862
* Suarez, Rasiel. ''The Encyclopedia of Roman Imperial Coins''. Dirty Old Books, 2005.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://monetaoro.unicatt.it/ A fascinación do ouro na moeda antiga]. Universidade Católica Sacro Cuore ''(en italiano e inglés)''
* [http://www.ancient-roman-coin.com/ Identificador de moedas da Antiga Roma]
* [https://sites.google.com/site/digitallibrarynumis/subjects/04-roman-coins/general-texts-1 Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma)]
* [http://www.nummus-bible-database.com/ La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.]
 
[[Categoría:Moedas da Roma antiga]]
== Notas e referencias ==
[[Categoría:Moedas fóra de curso]]
{{Références}}
[[Categoría:Imperio Romano]]