Diferenzas entre revisións de «Templo de Xerusalén»

sen resumo de edición
m (→‎O Segundo Templo: Muro dos Lamentos e Xúpiter (deus))
O escritor xudeu-romano [[Flavio Xosefo]] dedicou moitas páxinas ao Templo, engadindo algúns detalles que non se mencionaban na Biblia, pero que el transcribiu de manuscritos xa desaparecidos. No [[Talmud]], unha orde enteira da [[Mishná]] discute leis relacionadas ao templo, incluíndo o tratado de ''Midot'' que describe de xeito detallado as dimensións deste.
 
Coa ascensión da familia Asmonea e a chegada dos romanos por [[Pompeio Magno]] ata a súa destrución, o Templo estivo novamente ameazado de profanación, ata que no [[-21|21 a.C.]] o rei [[Herodes o Grande]] decidiu a súa restauración respectando a planta física do edificio, ampliando os patios e engadindo os muros exteriores dándolle a estes, oito entradas. O muro que actualmente queda é o occidental ou tamén o [[Muro dos Lamentos|Muro das Lamentacións]]. Posteriormente engadiuse ao norte a sonada ''Torre Antonia'', fortaleza militar de construción romana e ao sur, un edificio destinado para a purificación dos sacerdotes ou ''cohanim''.
 
Nos primeiros anos do cristianismo, [[Xesús|Xesús de Nazaret]] e os seus apóstolos estiveron predicando no Atrio dos Xentís, denunciando a corrupción que imperaba no Templo e á clase clerical xudía. Para entón, segundo os evanxeos, Xesús profetizou a destrución do edificio, que ocorrería anos logo da súa morte. No momento de culminar labores de restauración, o templo non sobreviviría por moito tempo por mor da rebelión dos zelotes, que levou á guerra co Imperio Romano e que culminaría coa destrución da cidade e o Templo no ano [[70]] polas lexións de [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]].
261.263

edicións