Areópago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 4:
== O outeiro do Areópago ==
[[Ficheiro:20101024_Acropolis_panoramic_view_from_Areopagus_hill_Athens_Greece.jpg|miniatura|340x340px|A [[Acrópole de Atenas|Acrópole]] vista desde o Areópago.]]
[[Xeoloxía|Xeoloxicamente]], o outeiro do Areópago é un enorme [[monólito]] de [[mármore]] gris azulado, veteado de vermello. Mide 115 m de altura e domina a [[Ágora de Atenas]]. Na cima e nas ladeiras obsérvanse cortes na roca, formando plataformas, que son os únicos restos de antigos edificios.
 
Segundo a lenda, chamábase así porque Ares fora xulgado polos deuses e exonerado de ser axustizado por dar morte a [[Halirrotio]], fillo de [[Poseidón]], que violara a unha filla de [[Ares (deus)|Ares]]: [[Alcipe]]. Por outra banda, e tamén segundo a lenda, alí foi xulgado [[Orestes]] polo asasinato da súa nai [[Clitemnestra]].
 
== O Consello do Areópago ==
[[Ficheiro:Atene9654.jpg|miniatura|250x250px|A Ágora vista desde o Areópago.]]
Na súa orixe, o Consello do Areópago dependía do rei e compúñase unicamente de [[Eupátridas]]. A influenci[[Século -VII|a]] destes aumentaba a medida que ía diminuíndo o poder do rei, até o [[século -VII]], no que estes últimos chegaron a gobernar.
 
Tras as reformas de [[Solón]], os seus membros eran escollidos entre os [[Arconte|arcontes]] (maxistrados) cuxos cargos eran inamovíbeis e representaban aos ricos en oposición aos aristócratas, aínda que constituían un organismo menos exclusivo<ref>[//gl.wikipedia.org/wiki/Arist%C3%B3teles Aristóteles]: ''[//gl.wikipedia.org/wiki/Constituci%C3%B3n_dos_atenienses Constitución dos atenienses]'', [http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Aristot.Const.Ath.3 3.]</ref>.
Liña 21:
Conservaron, no entanto, a súa función de tribunal para xulgar os asuntos criminais, pero perderon toda a súa importancia política.
 
== [[Paulo de Tarso]] no Areópago ==
[[Ficheiro:Ariospagos.jpg|miniatura|250x250px|Placa gravada co sermón de [[Paulo de Tarso|Paulo]] no Areópago.]]
Atópase rexistro bíblico, dicindo en [[Feitos dos Apóstolos|Feitos]] 17,16-18 e 22, que o apóstolo Paulo pronunciou un discursódiscurso alí, cando uns filósofos [[Epicureísmo|epicúreos]] e [[Estoicismo|estoicos]] o conduciron ao Areópago para que explicase aquel ensino «estranxeiro» que publicaba.
 
{{Cita|''<sup>16</sup> Agora ben, mentres Paulo os agardaba en Atenas, irritóuselle o espírito no seu interior ao contemplar que a cidade estaba chea de ídolos. <sup>17</sup> Por conseguinte, púxose a razoar na sinagoga cos xudeus e coas outras persoas que adoraban [a Deus], e todos os días na praza de mercado cos que por casualidade se atopaban alí. <sup>18</sup> Pero certos individuos, filósofos dos epicúreos así como dos estoicos, empezaban conversación polémica con el, e algúns dicían: «Que é o que este charlatán quixera contar?». Outros: «Parece que é publicador de deidades estranxeiras». Isto debeuse a que declaraba as boas novas de Xesús e da resurrección. <sup>19</sup> De modo que se apoderaron del e o conduciron ao '''Areópago''', e dixeron: «Podemos chegar a saber que é esta nova ensinanza que falas?» <sup>22</sup> Paulo entón púxose de pé en medio do '''Areópago''' e dixo: «Varóns de Atenas, contemplo que en todas as cousas parecedes estar máis entregados que outros ao temor ás deidades».}}''Na actualidade hai unha placa de bronce que contén este discurso do apóstolo PabloPaulo e que conmemora dito acontecemento. Non é posíbel afirmar con certeza que naquela ocasión Paulo falase ante o tribunal do Areópago, pero no seu auditorio tivo polo menos a un compoñente dese notábel tribunal, segundo se afirma en Feitos 17:33-34.''{{Cita|<sup>33</sup> [...] Así que Paulo saíu de en medio deles, <sup>34</sup> pero algúns varóns se uniron a el e se fixeron crentes, entre os cales tamén estiveron '''Dionisio, xuíz do tribunal do Areópago''', e unha muller de nome Dámaris, e outros ademais deles.''}}
 
== Notas ==