Carcinoxénese: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 1:
[[Ficheiro:Cancer_requires_multiple_mutations_from_NIHen.png|dereita|miniatura|441x441px|O cancro prodúcese pola acumulación sucesiva de mutacións. Cada mutación altera nalgunha maneira o comportamento dunha célula.]]
Os termos '''oncoxénese''' ou '''carcinoxénese''' fan referencia literal ó proceso polo cal se produce o [[Cancro|cancro.]]. É o proceso polo cal unha célula normal se converte nunha [[célula]] cancerosa. Caracterízase pola progresión de varios cambios celulares a nivel do material xenético que finalmente desemboca na reprogramación da célula provocando que se reproduza de maneira descontrolada, formando unha masa maligna.<ref>{{Cita libro|título=Oncología y cirugía. Bases y principios|editorial=Editorial El Manual Moderno|ISBN=9786074482874|url=https://books.google.es/books?id=xWTLCQAAQBAJ&pg=PA21&dq=carcinog%C3%A9nesis+proceso&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwiQxoSynfjZAhWHxxQKHX7BCO8Q6AEIRzAG#v=onepage&q=oncog%C3%A9nesis%20proceso&f=false|lingua=es|cita=Los agentes etiológicos son las causas directas de la transformación maligna, ya que alteran diversos mecanismos genéticos y bioquímicos. A este último proceso se le conoce como carcinogénesis u '''oncogénesis'''.}}</ref>
 
A división celular é un proceso fisiolóxico que ocorre en case todos os tecidos e baixo diversas circunstancias. Baixo circunstancias normais, o balance entre a proliferación e a [[Apoptose|morte celular programada]], usualmente por medio do mecanismo de apoptose mantense estreitamente regulado asegurando desta forma a integridade de órganos e tecidos. As mutacións no ADN que poden conducir a unha transformación cancerosa interferen con este proceso de control interferindo co programa que o controla.
 
O proceso de oncoxénese é causado por estas mutacións no material xenético das células normais, que alteran o balance normal entre proliferación e morte celular. Como resultado prodúcese unha división celular descontrolada e un proceso evolutivo destas células por medio de [[selección natural]] dentro do organismo. A reprodución rápida e descontrolada de células poden producir tumores benignos e algúns tipos destes tumores poden converterse en malignos que é o que se coñece como cancro. Os tumores benignos non se esparexen a lugares afastados do organismo nin invaden outros tecidos, e polo xeral non representan unaunha ameaza para a vida a menos que compriman estruturas vitais ou teñan algunha actividade fisiolóxica (por exemplo, que sexan quen de producir algunha hormona). Os tumores malignos son quen de invadir outros órganos, espallarse a lugares distantes (proceso coñecido como [[metástase]]) e converterse nunha ameaza para a vida.
 
== Notas ==