Diferenzas entre revisións de «Muralla de Hadrián»

Corrixo formato imaxes e engado galería
(Corrixo formato imaxes e engado galería)
| Preposición =
}}
 
[[Ficheiro:Hadrian%27s_wall2.jpg|miniatura|250px|Vista dos restos do Muro de Hadrián (''limes'' britano) no norte de Inglaterra]]
O '''Muro''' ou '''Muralla de Hadrián''' (en [[latín]]: ''Vallum Hadriani'') é unha antiga construción defensiva da illa de [[Gran Bretaña]], erguida entre os anos [[122]]-[[132]] por orde do emperador romano [[Hadriano (emperador)|Hadrián]] para defender o territorio britano sometido, ao sur da muralla, das belicosas tribos dos [[picto]]s que se estendían ao norte da mesma, no que chegaría a ser [[Escocia]] trala invasión dos [[escotos]] provenientes de [[Irlanda]]. A muralla tiña como función tamén manter a estabilidade económica e crear condicións de paz na provincia romana de [[Britania]] ao sur, así como marcar fisicamente a fronteira do Imperio. Hoxe día aínda subsisten importantes treitos da muralla.
 
Este ''[[limes]]'' fortificado estendíase durante 117 km desde o golfo de Solway, no oeste, ata o esteiro do [[Tyne]] no leste, e estaba flanqueado polas poboacións de ''Pons Aelius'' (actual [[Newcastle upon Tyne|Newcastle]]) e ''Maglona'' ([[Carlisle]]). A muralla en si estaba construída na súa totalidade con perpiaños, tiña un canto de 2,4 a 3 m e unha altura de entre 3,6 e 4,8 m. Contaba con 14 fortes principais e 80 fortíns que albergaban gornicións en puntos claves de vixilancia, así como un foxo na súa parte setentrional de 10 m e un camiño militar que a percorría polo seu lado meridional. O seu nome úsase en ocasións como sinónimo da fronteira entre [[Escocia]] e [[Inglaterra]], aínda que na maioría da súa lonxitude, o muro segue unha liña máis ao sur que a fronteira moderna.
 
[[Ficheiro:Hadrian's Wall view near Greenhead.jpg|miniatura|esquerda|290px|Restos do Muro de Hadrián preto de Greenhead. A súa pedra foi reempregada durante anos nas construcións veciñas.]]
[[Ficheiro:Hadrians Wall map.png|miniatura|dereita|Localización dos muros de Hadrián e Antonino]]
[[Ficheiro:Hadrianswall2007.jpg|miniatura|dereita|Muro de Hadrián cerca de Housesteads]]
 
A súa función defensiva foi asumida pola [[muralla de Antonino]], erguida máis ao norte e abandonada tras un breve período de tempo diante da hostilidade dos tribos caledonias, volvendo a muralla de Hadrián a ser o límite setentrional do territorio romano de [[Britania]]. Os pictos atravesaron a muralla en tres ocasións, en [[197]], [[296]] e [[367]]. Foi reparada e ampliada en [[209]], durante o reinado de [[Septimio Severo]], e definitivamente abandonada no ano [[383]].
A [[UNESCO]] declarouna [[Patrimonio da Humanidade]] en [[1987]]. A "[[English Heritage]]", unha organización gobernamental a cargo do contorno histórico de Inglaterra, descríbeo como "o monumento máis importante construído polos romanos en Gran Bretaña".
 
== Galería ==
<gallery>
[[Ficheiro:Hadrians Wall map.png|miniatura|dereita|Localización dos muros de Hadrián e [[Antonino Pío|Antonino]]
Ficheiro:Hadrian's Wall map A.svg|Mapa do muro de Hadrián (ampliado)
Ficheiro:Hadrian's Wall west of Housesteads 3.jpg
Ficheiro:Hadrian's Wall west of Housesteads 2.jpg|Muro de Hadrian preto de Housesteads
Ficheiro:Hadrian's wall 2 - 1983.jpg|Anaco do muro de Hadrián
[[Ficheiro:Hadrian%27s_wall2's wall2.jpg|miniatura|250px|Vista dos restos do Muro de Hadrián (''limes'' britano) no norte de Inglaterra]]
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
23.528

edicións