Hadriano (emperador): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 47:
Para favorecer a fidelidade do exército, Adriano procurou recrutar as lexións nas mesmas rexións que ian defender. Co tempo, esta idea foi negativa, xa que alimentaría ideas centrífugas e cantonalistas, pero na época de plenitude imperial, os soldados sentíanse moi motivados por se encarregar da defensa dos eidos que os viran nacer.
 
As sublevacións dos xudeus tiveron o seu cumio no [[132]], cunha [[revolta de bar Kokhba|revolta]] aberta en [[Xudea]], encabezada por [[Eleazar]] e [[Simón bar Kokhba]], os cales non dubidaron en atacar a colonia romana de [[AliaAelia Capitolina]] ([[Xerusalén]]), encravada naquel territorio. Esta sublevación foi asulagada a sangue e lume no [[134]], e a ofensiva relixiosa xudía rematou.
 
Hadriano reforzou o papel do consello imperial (''Consilium principis'') en detrimento do Senado. A dita institución era obxecto de consulta regular e as súas decisións facíanse públicas de tres xeitos: por medio de edictos, por decretos (sentenzas de casos xudiciais) e rescriptos (respostas a consultas). Foi neste período cando se fai público o ''Edicto Perpetuo'', obra de Salvio Xuliano, que recollía os edictos anteriores e foi unha fonte esencial de xurisprudencia.