Orde de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎A Orde en Portugal: Faro, Portugal
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
=== A Orde en Castela e León ===
[[Ficheiro:Ucles Cuenca España Monasterio y Castillo. Ucles. Cuenca Spain. Monastery Headquaters of Sant Jacques Order..jpg|miniatura|Mosteiro e castelo de [[Uclés]].]]
Afonso VIII cedeulle [[Uclés]] en [[1174]] á orde, sendo desde aquela a súa casa principal, de onde a designación usada nos primeiros tempos para a Orde como ''Orde de Uclés''. Máis adiante, recibiron en [[1211]], [[Moya, Cuenca|Moya]] e [[Mira, Cuenca|Mira]], ás que se unirían posteriormente [[Osa]], [[Campo de Criptana]], [[Pedro Muñoz]], [[Montiel]] e [[Alhambra]]. Os cabaleiros de Santiago participaron na reconquista das comarcas de [[Teruel]] e [[Castelló]] e combateron na [[batalla das Navas de Tolosa]] en [[1212]]. Os monarcas castelán-leoneses concedéronlles privilexios que permitiron á orde repoboar extensas rexións da [[Andalucía]] e [[Murcia]]. Durante o [[século XV]], a orde trasladou o seu radio de acción a [[Serra Morena]] e tomou como lugar habitual de residencia dos seus mestres a poboación de [[Llerena]] ([[provincia de Badaxoz|Badaxoz]]), proporcionando un alto crecemento tanto nesta poboación coma nos arredores.
 
A partir do século XIV as fortalezas das Ordes sufriron unha irreversible deterioración debido ao pouco uso que tiñan e á pouca atención debido a que deixaron de ser núcleos de poder, ademais que a entrada de armas de fogo fixo deles un operativo desfasado. En [[1352]] o concello de [[Murcia]] denunciaba ante o rei a situación de ruína na que se atopaban os castelos santiaguistas de [[Caravaca de la Cruz|Caravaca]] e [[Cehegín]]. A finais do XV a orde de Santiago fixérase co control en [[Castela]] de máis de 20.000 km² nos que habitaban uns 200.000 vasalos, e esta potencia señorial xustificaba que en [[1312]] [[Juan Manuel|Don Juan Manuel]] fixese ver ao rei [[Xaime II de Aragón]] que se obtiña para un dos seus fillos a mestría santiaguista faríase cunha das chaves -a outra era o arcebispado de [[Toledo]]- que lle permitirían controlar o reino castelán.