Liga Galega de Wáter-polo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Liña 66:
O sistema de competición consta dunha fase regular, onde os cinco equipos enfróntase entre eles por partida dobre, de xeito que cada equipo xoga contra os demais tanto como local coma como visitante. Cada vitoria suma 3 puntos na clasificación. Os empates suman un punto e as derrotas ningún. Ao finalizar os enfrontamentos da liga regular, os catro equipos que máis puntuación acaden disputan un [[play-off]] polo título, mediante dúas semifinais e unha final, disputadas a dobre partido. Nas semifinais enfróntanse o primeiro contra o cuarto clasificado, e o segundo contra o terceiro. Os vencedores de cada semifinal enfróntanse entre eles, sendo o gañador desta o que se fai co título de liga.
 
O gañador do título de liga, á súa vez, gaña o dereito a disputar a fase de ascenso á [[SegundaTerceira División Española de Wáter-polo]].
 
Pola parte baixa da clasificación, o último clasificado xoga outro play-off polo descenso, enfrontándose ao primeiro clasificado da [[Segunda División Galega de Wáter-polo|Segunda División]]. Neste encontro a partido dobre, o gañador acada unha praza na primeira división, ben mantendo a categoría, ben conseguindo o ascenso.