Aleksandr Pushkin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Biografía}}
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8:
'''Aleksandr Sergéyevich Pushkin''', (en {{lang-ru|Алекса́ндр Серге́евич Пу́шкин|r=Aleksandr Sergeyevich Pushkin|p=ɐlʲɪˈksandr sʲɪˈrɡʲejɪvʲɪtɕ ˈpuʂkʲɪn|a=ru-Pushkin.ogg}}), coñecido como '''Alexander Pushkin''', nado en [[Moscova]] o [[26 de maio]] de [[1799]] e finado en [[San Petersburgo]], o [[29 de xaneiro]] de [[1837]], foi un poeta, dramaturgo e novelista [[Rusia|ruso]], fundador da [[literatura rusa]] moderna.
 
Foi pioneiro no uso da lingua vernácula nos seus poemas e obras, creando un estilo narrativo, mestura de drama, romance e [[sátira]], que foi dende entón asociado á literatura rusa e influíu notablemente nas posteriores figuras literarias como [[Nikolai Gógol|Gógol]], [[Fiódor Dostoievski|Dostoievski]], [[Lev Tolstoi|Tolstoi]], Tiútchev, así como os compositores rusos [[Piotr Ilich Tchaikovski|Tchaikovski]] e [[Modest MúsorgskiMusorgskii|MusorgskiMusorgskii]].
 
== Traxectoria ==
=== Infancia ===
Fillo de Serguéi Pushkin, descendente dunha das máis antigas familias da [[aristocracia]] [[Rusia|rusa]], cuxa historia se remonta ao [[século XII]]. Por parte materna descendía dun príncipe [[Etiopía|etíope]] trasladado a Rusia por esclavistas [[Imperio Otomán|otománs]] e onde chegou a ser xefe militar, enxeñeiro e noble, apadriñado por [[Pedro I de Rusia]].
 
A súa avoa materna inculcoulle dende pequeno o seu amor polos contos e a [[poesía]] popular rusa, en contraste co feito de que, como era habitual na aristocracia rusa, o idioma de uso diario na súa familia era o [[lingua francesa|francés]]. En consonancia recibiu tamén dende moi novo unha ampla educación [[Literatura|literaria]] baseada na literatura e lingua francesa.
 
[[Ficheiro:Pushkin derzhavin.jpg|miniatura|250px|Pushkin no Liceo Imperial de [[Tsárskoye Seló]].]]
Xa no ano [[1814]] conseguiu publicar un texto na revista ''Le Messager de l’Europe'', a epístola ''K drugu stijotvortzu'' (''Ao amigo poeta''). Esta gran paixón pola literatura fixo que deixara un pouco de lado os estudos, centrandosecentrándose na lectura compulsiva da [[biblioteca]] de seu pai, de máis de 3000 exemplares.
 
Ao mesmo tempo a casa paterna era escenario de tertulias literarias, ás que acudian autores coma [[Nikolái Karamzín|Karamzín]], [[Konstantin Batiushkov|Bátiushkov]] ou [[Ivan Dmitriev|Dmítriev]], ao igual que o seu tío, o poeta [[Vasili Lvóvich Pushkin]]., Queque sería un dos grandes apoios de Alexander ao longo da súa carreira literaria.
 
Realizou os seus estudos entre [[1811]] e [[1817]] no ''Liceo Imperial'' de [[Tsárskoye Seló]], preto de [[San Petersburgo]], que co tempo pasaría a chamarse ''Liceo Pushkim'' na súa honra. Nesta época comezou a escribir o seu primeiro poema longo ''Ruslan e Ludmila'', publicado en [[1820]] e co que rompeu coa liña poética oficial e botando por terra os cánones poéticos do Neoclasicismo.
 
=== Persecución política ===
Tras rematar a súa formación académica instalouse na capital, San Petersburgo. En [[1820]] entrou a traballar no Ministerio de Asuntos Exteriores, onde pouco a pouco se foi involucrando nos movementos de reforma social, escribindo algúns poemas sediciosos coma a ''Oda á liberdade,''. O que estivo a piques de valerlle o desterro a [[Siberia]], porén acabou desterrado en ''Yekaterinoslav'' (actual [[Dnipropetrovsk]]) ao servizo do xeneral Ínzov.
 
[[Ficheiro:Pushkin farewell to the sea.jpg|miniatura|250px|''O adeus de Pushkin ao Mar'' de [[Iván Aivazovski]] e [[Iliá Repin]] ([[1877]]).]]
Na cidade [[ucraína]] enfermou de febres, polo que foi acollidaacollido pola familia do xeneral [[Nikolái Rayevski]], coa que viaxou entre [[1820]] e [[1821]] polo [[Cáucaso]] e [[Crimea]], froito do que compuxo obras coma ''Kavkazskiy plennik'' (''O prisioneiro do Cáucaso''). Entre [[1820]] e [[1823]] estableceuse en [[Chişinău]], capital de [[Besarabia]], onde comezou a súa obra máis recordada, ''Yevgeny Onegin'' (''Uxío Oneguin''). Nesta cidade tamén ingresou na loxia [[Masonería|masónica]] ''Ovidio''.
 
En [[1823]] foi enviado, tras sucesivos escándalos relacionados co xogo, os amoríos ou coa etnia xitana, foi enviado a [[Odesa]] ao servizo do xeneral [[Mijaíl Vorontsov]]. No novo destino non lle foi mellor pois ademais de problemas recurrentes comezou a galantear á filla do xeneral, porén a gota que colmou o vaso foi un epigrama sobre o carácter do xeneral Vorontsov, isto custoulle o arresto domiciliario na propiedade materna, Mijáilovskoye, no [[Oblast de Pskov]] de [[1824]] a [[1826]].
 
No seu novo destino de desterro seguiu escribindo a súa obra mestra, ademais do drama histórico ''Boris Godunov'' ([[1825]]) ou os poemas ''Graf Nulin'' (''O conde Nulin'', [[1825]]) e ''Tsygany'' (''Os xitanos'', [[1827]]).