Irmandade Nazonalista Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Nota da Irmandade Nazonalista Galega.jpg|miniatura|200px|Nota da Irmandade Nazonalista onde se critica fortemente o [[centralismo]] e o [[caciquismo]].]]
A '''Irmandade Nazonalista Galega''' foi unha organización [[Galeguismo (política)|galeguista]] dirixida por [[Vicente Risco]] como Conselleiro Supremo. [[Antón Losada Diéguez]] foi o seu primeiro Conselleiro de Espallamento ata que en [[1923]] foi substituído por [[Xaime Quintanilla Martínez|Xaime Quintanilla]]. Partidaria dun purismo ideolóxico nacionalista centrado no espallamento das teses galeguistas mais contraria á participación electoral e con vontade de controlar o movemento agrarista <ref>Justo G. Beramendi e Xosé Manoel Núñez Seixas (1996) ''O nacionalismo galego'' A Nosa Terra:Vigo, p. 132-133</ref> . Tiña como voceiro oficial a revista ''[[Rexurdimento (revista)|Rexurdimento]]''.
 
== Historia ==
Escisión das [[Irmandades da Fala]] logo da [[IV Asemblea Nacionalista]] de [[1922]], organizativamente actuaba como un partido político, con rexa disciplina e de perfil autoritario<ref>Beramendi, J. G. (1981): ''Vicente Risco no nacionalismo galego''. Tomo 2. ''Escisión-unidade-escisión'', Santiago: Eds. do Cerne, p. 28</ref> e elitista, centrado na figura de [[Vicente Risco]], denominado "O xefe". En [[1923]] tiña 16 delegacións, pero no principal foco do galeguismo, [[A Coruña]], a ING non conseguiu crear un núcleo numeroso, a sección local dirixida por [[Antón Villar Ponte]] non superou os 10 afiliados. Celebrou a [[V Asemblea Nacionalista]] na Coruña en [[1923]].
 
Durante a [[Ditadura de Primo de Rivera]] só se mantivo a Irmandade de [[Ourense]] e en [[1929]] uníronse de novo ás Irmandades da Fala.