Diferenzas entre revisións de «Amor»

 
Matthieu Ricard someteuse a un exhaustivo estudo mediante [[Imaxe por resonancia magnética funcional|escáneres cerebrais]] baixo un estado especial de [[meditación]] no que se xera un estado de amor e [[compaixón]] puros e non enfocados cara a nada nin ninguén en particular. Os resultados mostraron un aumento sen precedentes na actividade do [[cortiza cerebral|córtex]] [[Lobo frontal#Cortiza prefrontal| prefrontal]] esquerdo do [[cerebro]], relacionado coas emocións positivas, mentres que a actividade na zona do lóbulo dereito relacionada coa [[Depresión (psicoloxía)|depresión]] diminuía, coma se a compaixón fose un bo antídoto contra a depresión. E tamén diminuía a actividade da [[amígdala cerebral|amígdala]], relacionada co medo e a ira. Doutra banda, un grupo de empregados dunha empresa realizaron 30 minutos diarios de meditación durante 3 meses. Ao longo do estudo, reportaron un descenso nos seus niveis de [[ansiedade]], e púidose ver que tamén se incrementaba a actividade da súa córtex prefrontal esquerdo.<ref name="Compasión"/><ref name="NYT"/>
=== Concepción egoísta ===
A concepción anterior é diametralmente oposta á do [[capitalismo]], que promove o chamado «[[egoísmo psicolóxico|egoísmo]] inherente ao ser humano», e sobre o cal se basea.<ref>TR Machan. ''Selfishness and capitalism''. 1974.</ref> [[Ayn Rand]] defende que o [[egoísmo racional|egoísmo]] é en esencia un sentimento nobre, e que cada persoa é responsable da súa propia felicidade e non da dos demais. Este pensamento está intimamente ligado ao capitalismo puro.<ref>[http://marsexxx.com/ycnex/Ayn_Rand-The_Virtue_of_Selfishness.pdf Ayn Rand. ''The virtue of selfishness''.]</ref>
{{cita|''Xuro, pola miña vida e polo meu amor por ela, que nunca vivirei polo ben doutro home, nin pedirei a outro home que viva polo meu''.<ref>Mimi Reisel Gladstein y Chris Mattew Sciabarra. [http://books.google.es/books?hl=es&lr=&id=bei61AcYlT0C&oi=fnd&pg=PA29#v=onepage&q&f=false ''Feminist interpretations of Ayn Rand'']. 1999. P. 29.</ref>|[[Ayn Rand]]}}
 
== Consideracións con respecto ao amor ==
105.206

edicións