Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
O [[altruísmo]] pode entenderse como ''altruísmo puro'', onde non existen [[apego]] nin [[Desexo (filosofía)|desexo]], como no caso do [[ budismo]], ou ben como ''«egoísmo altruísta»'', como no caso do [[cristianismo]], onde existen apego a un ser superior e o desexo de obter a [[salvación]]. Na práctica, en ambas as relixións existen apego e desexo, e no budismo existe unha última etapa previa á [[iluminación (crenza)|iluminación]] que consiste na renunciación a todos os logros conseguidos a cambio de nada, co obxectivo de destruír o ego completamente. Para o chamado «altruísmo puro», non existe posibilidade de negociación; as relacións non son competitivas, senón colaborativas: un procura o benestar dos demais sen esperar nada a cambio, e os demais procuran o benestar dun.
 
O [[budismo]] sitúa ao [[Upādāna|apego]] e ao [[Taṇhā|desexo]] como emocións negativas que tamén producen [[ira]] e, en definitiva, [[Duḥkha|sufrimento]]. Apego, desexo, ira, medo e [[Avidyā|ignorancia]] (por exemplo, falta de comprensión do sufrimento alleo) contribúen a reforzar o ego. Na filosofía budista, o amor real é o amor compasivo, e o amor e o [[Ego, superego e id|ego]] son incompatibles.<ref name="Buddha">[http://books.google.es/books?id=VECepVHTH0QC&printsec=frontcover&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Guatama Buddha. ''The Dhammapada''. Translated by Irving Babbitt.]</ref> Recentes estudos científicos demostraron que a [[meditación]] produce un incremento da actividade nas zonas cerebrais relacionadas coas emocións positivas e unha diminución da actividade nas zonas relacionadas coa ira e a depresión.<ref name="Compasión">[http://www.redesparalaciencia.com/2871/redes/2010/redes-60-la-ciencia-de-la-compasion Redes 60: La ciencia de la compasión]. Entrevista a [[Matthieu Ricard]] realizada por [[Eduardo Punset]]. Programa emitido elo 16 ye 19 de mayomaio de 2010.</ref><ref name="NYT">[http://www.nytimes.com/2003/09/14/magazine/14BUDDHISM.html Is Buddhism good for your health?] Artículo por Stephen S. Hall para ''The New York Times Magazine'', 14 de setembro de 2003.</ref>
 
O «egoísmo altruísta» é a filosofía das relacións humanas predicada por [[Cristo|Xesucristo]] («ama a Deus sobre todas as cousas e ao próximo como a ti mesmo»).
Liña 52:
 
[[Ficheiro:Gizeh Cheops BW 1.jpg|miniatura|[[Gran Pirámide de Gizeh]]. As [[pirámides de Exipto]] son monumentos o [[narcisismo]].]]
==== O amor compasivo desde o punto de vista científico ====
 
Matthieu Ricard someteuse a un exhaustivo estudo mediante [[Imaxe por resonancia magnética funcional|escáneres cerebrais]] baixo un estado especial de [[meditación]] no que se xera un estado de amor e [[compaixón]] puros e non enfocados cara a nada nin ninguén en particular. Os resultados mostraron un aumento sen precedentes na actividade do [[cortiza cerebral|córtex]] [[Lobo frontal#Cortiza prefrontal| prefrontal]] esquerdo do [[cerebro]], relacionado coas emocións positivas, mentres que a actividade na zona do lóbulo dereito relacionada coa [[Depresión (psicoloxía)|depresión]] diminuía, coma se a compaixón fose un bo antídoto contra a depresión. E tamén diminuía a actividade da [[amígdala cerebral|amígdala]], relacionada co medo e a ira. Doutra banda, un grupo de empregados dunha empresa realizaron 30 minutos diarios de meditación durante 3 meses. Ao longo do estudo, reportaron un descenso nos seus niveis de [[ansiedade]], e púidose ver que tamén se incrementaba a actividade da súa córtex prefrontal esquerdo.<ref name="Compasión"/><ref name="NYT"/>
 
== Consideracións con respecto ao amor ==