Feiraco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
nome
→‎Historia: ligazón interna
Liña 34:
En 1970 construíuse unha fábrica de pensos propia, e ao ano seguinte iniciouse a recollida e comercialización do leite. En 1974 foi unha das primeiras empresas en introducir en [[España]] o sistema [[UHT]] de envasado.
 
En [[2011]] creou a marca Unicla, vinculada ao selo [[Galega 100%]] promovido pola [[Xunta de Galiza]] que identifica o [[leite]] de orixe galego. A marca Feiraco tamén está certificada por [[Galicia Calidade]] e foi a primeira empresa española certificada por [[AENOR]] coa "Letra Q" do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.
 
Esta marca recibiu o primeiro [[Premio Europeo á Innovación Cooperativa]]. No ano 2011 recibiu o distintivo de Igualdade na Empresa, outorgado polo Ministerio de Sanidade, pola súa política de responsabilidade social, e en 2016 a Xunta outorgoulle o Premio RSE polo seu proxecto Responsabilidade Social en Movemento para afianzar prácticas responsables en todas as áreas de traballo da compañía. Recentemente recibiu o distintivo de [[Igualdade na Empresa]] pola súa política de responsabilidade social, e foi distinguida como «empresa socialmente responsable.