Diferenzas entre revisións de «Amor»

(algo máis desde a wiki .es:Amor)
Ao longo da historia expresáronse, mesmo en culturas sen ningún contacto coñecido entre elas, conceptos que, con algunhas variacións, inclúen a dualidade esencial do ser humano: [[sexo|o feminino e o masculino]], [[Árbores do Paraíso|o ben e o mal]], [[yin e yang|o yin e o yang]], o [[ápeiron]] de [[Anaximandro de Mileto|Anaximandro]].
 
== Dúas formas de entender o amor ==
 
Os seres humanos podemos desenvolver en esencia dous tipos de actitudes: baixo unha delas somos [[altruísmo|altruístas]] e colaboradores, e baixo a outra somos [[Egoísmo psicolóxico|egoístas]] e competidores. Existen persoas totalmente polarizadas cara a unha das dúas actitudes por vontade propia; por exemplo, os monxes [[budismo|budistas]] están totalmente envorcados cara ao altruísmo, e os practicantes do [[obxectivismo]], cara ao egoísmo. E tamén existen persoas que combinan ambas as formas de ser, comportándose, unhas veces, de forma altruísta e colaboradora, outras, de forma egoísta e competitiva, e outras, de forma parcialmente altruísta e competitiva. Nalgunhas partes do mundo predomina o altruísmo ([[Tíbet]]), de modo que o egoísmo vese en xeral como algo negativo. E existen grupos humanos onde sucede o contrario. Todas as guerras da historia naceron do egoísmo por parte de, polo menos, un dos dous bandos; todas as situacións conflitivas do ser humano proceden do egoísmo.
== Consideracións con respecto ao amor ==
[[Ficheiro:Kiss Briseis Painter Louvre G278.jpg|miniatura|Representación do amor (Erastes e Eromenos, [[Século V]]).]]
104.920

edicións