Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
algo máis desde a wiki .es:Amor
Liña 8:
 
Dende o punto de vista da [[ciencia]], o que se coñece como amor semella ser un estado evolucionado do primitivo instinto de supervivencia, que mantiña ós [[Homo sapiens|seres humanos]] unidos e [[heroe|heroicos]] ante as ameazas e facía máis doado a continuación da [[especie]] mediante a [[reprodución]].<ref name="Fisher">Helen Fisher. ''Why we love: the nature and chemistry of romantic love''. 2004.</ref>
 
A diversidade de usos e significados e a complexidade dos sentimentos que abarca fan que o amor sexa especialmente difícil de definir dun modo consistente, aínda que, basicamente, o amor é interpretado de dúas formas: baixo unha concepción [[altruísmo|altruísta]], baseada na compaixón e a colaboración, e baixo outra [[egoísmo psicolóxico|egoísta]], baseada no interese individual e a rivalidade. O egoísmo adoita estar relacionado co corpo e o mundo material; o altruísmo, coa alma e o mundo espiritual. Ambos son, segundo a ciencia actual, expresións de procesos [[cerebro|cerebrais]] que a evolución proporcionou ao ser humano; a idea da alma, ou de algo parecido á alma, probablemente apareceu fai entre un millón e varios centos de miles de anos.<ref>[[Eduardo Punset]]. [https://web.archive.org/web/20110409172001/http://www.casadellibro.com/capitulos/9788466310314.pdf ''El alma está en el cerebro'']. 2007. Ed. Aguilar. ISBN 978-84-663-1031-4.</ref>
 
A miúdo, sucede que individuos, grupos humanos ou empresas disfrazan o seu comportamento egoísta de altruísmo; é o que coñecemos como [[hipocrisía]], e atopamos numerosos exemplos do devandito comportamento na [[publicidade]]. Recíprocamente, tamén pode ocorrer que, nun ambiente egoísta, un comportamento altruísta se disfrace de egoísmo: [[Oskar Schindler]] proporcionou un bo exemplo.
 
Ao longo da historia expresáronse, mesmo en culturas sen ningún contacto coñecido entre elas, conceptos que, con algunhas variacións, inclúen a dualidade esencial do ser humano: [[sexo|o feminino e o masculino]], [[Árbores do Paraíso|o ben e o mal]], [[yin e yang|o yin e o yang]], o [[ápeiron]] de [[Anaximandro de Mileto|Anaximandro]].
 
== Consideracións con respecto ao amor ==
[[Ficheiro:Kiss Briseis Painter Louvre G278.jpg|miniatura|220px|Representación do amor (Erastes e Eromenos, [[Século V]]).]]
Nas relacións do ser humano co seu medio, o amor pode significar unha ou máis dunha das seguintes manifestacións do termo "amor":