Pedro de Betancur: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 35:
A tumba de San Pedro de Betancur atópase na ''Igrexa de San Francisco O Grande'' en Antigua Guatemala e é un lugar de peregrinación. En Tenerife, a ''Cova do Santo Hermano Pedro'' está situada no sur da illa, nun deserto fóra do pobo de [[El Médano]]. Neste lugar o santo se refuxiou no inverno co seu gando e tamén foi o seu lugar de oración. Tamén un importante lugar de veneración é o ''Santuario do Santo Hermano Pedro'', que está construído no seu lugar de nacemento en Vilaflor.
 
== Rutas tradicionais dedicadas ao santoSanto ==
En Tenerife celébrase o chamado ''"Camiño do Hermano Pedro"'' cada ano, que é unha ruta pastoral que o santo viaxou para pasar co seu rabaño ao longo da rexión de Chasna. Esta ruta parte desde Vilaflor ata a cova do Santo. Actualmente, durante a festa do santo de [[abril]], centos de peregrinos percorren este percorrido que ten un gran interese relixioso-histórico.