Anemia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 14:
Os rangos de normalidade son moi variables en cada [[Poboación biolóxica|poboación]], dependendo de factores do medio ambiente e[[Xeografía|xeográficos]]. A [[nivel do mar]] atoparemos valores normais máis baixos de hemoglobina, e a grande altura os valores normais son máis elevados, pois a menor [[presión parcial]] de [[Osíxeno molecular|osíxeno]] obriga ao organismo a optimizar o seu transporte. Ademais, hai variacións dependendo do xénero, observándose valores menores de hemoglobina nas mulleres e máis altos nos varóns.
 
Polo xeral, estabelécese como normal para un home un [[hematocrito]] entre 42% ye 52%, hemoglobina entre 13 e 17 g/dl, e para unha muller: hematocrito entre 36% e 48%, e hemoglobina entre 12 e 16 g/dl.
 
Estes niveis son algo [[arbitrario]]s, por existiren límites amplos dentro dos valores considerados normais. Por exemplo, un suxeito podería ter unha diminución de 1 a 2 g/dl na súa hemoglobina, e malia a isto estar dentro da normalidade.