Francisco Largo Caballero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
poño modelo Biografía
Liña 1:
{{Sen referencias|data=outubro de 2017}}
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Largo Caballero.jpg|miniatura|Largo Caballero]]
'''Francisco Largo Caballero''', nado en [[Madrid]] o [[15 de outubro]] de [[1869]] e finado en [[París]] o [[23 de marzo]] de [[1946]], foi un sindicalista e político [[España|español]], histórico dirixente do [[Partido Socialista Obrero Español]] (PSOE) e da [[Unión Xeral de Traballadores]] (UXT). Durante a [[Segunda República Española]] foi Ministro de Traballo ([[1931]]-[[1933]]) e [[Presidente do Goberno de España|Presidente do Goberno]] ([[1936]]–[[1937]]).
Liña 23 ⟶ 24:
 
=== Guerra Civil ===
Tras o esborrallamento do goberno de [[José Giral|Giral]], o [[4 de setembro]] de [[1936]], xa en plena [[Guerra Civilcivil de Españaespañola|Guerra Civilcivil]], foi designado xefe do Goberno e ministro da Guerra. A súa maior preocupación, á parte do curso da contenda, foi tentar manter a disciplina no Exército e a autoridade gobernamental dentro da zona republicana a calquera prezo. Porén, o descontento polo curso desfavorábel da guerra e os enfrontamentos desatados en Barcelona, en maio de 1937, que levaron ao enfrontamento entre o [[POUM]] e a [[CNT]], por unha banda, e o goberno da Generalitat catalana e os comunistas, por outra, que comezaron ao tentar tomar a policía o edificio da Telefónica, baixo control da CNT, e a negativa de Largo Caballero a asinar a ilegalización do POUM so presión soviética, foron circunstancias utilizadas, polos socialistas leais a Indalecio Prieto, polos comunistas do [[PCE]] e máis os republicanos de esquerdas, con pleno consentimento de Manuel Azaña, como pretexto para provocar unha crise gobernamental e forzar a súa dimisión, sendo substituído á fronte do goberno polo doutor [[Juan Negrín]], tamén socialista.
 
=== No exilio ===
En [[1939]], logo da derrota republicana, exiliouse en [[Francia]]. Ao se producir en [[1940]] a ocupación de Franxa por parte da [[Alemaña]] [[nazi]] é arrestado polas tropas de ocupación e internado no [[campo de concentración]] de [[Campo de concentración Sachsenhausen|Sachsenhausen-Oranienburg]], onde pasou a maior parte da [[Segunda Guerraguerra Mundial|II Guerra Mundialmundial]]. Liberado ao final desta polo [[Exército Vermello]], faleceu no exilio en [[París]], sendo trasladados os seus restos mortais a [[Madrid]] en [[1978]], celebrándose un funeral na súa memoria ao que acudiron 500.000 persoas, convocadas polas organizacións socialistas (PSOE, UXT e XSE). Nese mesmo ano a UXT creou a [[Fundación Francisco Largo Caballero|Fundación que leva o seu nome]].
 
{{Start box}}