Revolucións de 1848: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎A revolución en Francia: Alphonse de Lamartine
Liña 20:
En [[París]] a crise industrial estivo acompañada ademais por unha consecuencia particular: os fabricantes e comerciantes, debido ás circunstancias que por aquel entón se estaban dando, non podían exportar os seus produtos, abriron grandes establecementos cuxa competencia arruinou aos pequenos comerciantes, polo que estes se involucraron na revolución.
 
A monarquía tivo que deixar sitio a un goberno provisional, o cal reflectía na súa composición os diferentes partidos que se repartiron a vitoria da revolución. Se París dominaba Francia, os obreiros naquel momento, dominaban París. [[Alphonse de Lamartine|Lamartine]] discutía cos loitadores das barricadas o dereito a proclamar a [[república]], alegando que isto só podería facerse trala votación da maioría dos franceses, con todo os obreiros estaban dispostos a impor a república polas armas. [[Raspail]], en nome dos proletarios de París ordenou ao Goberno Provisional que proclamase a república, engadindo que se no prazo de dúas horas non se executaba a orde, volvería á fronte de 200.000 homes e continuarían as desordes. Nestas condicións os receos políticos e os escrúpulos xurídicos do Goberno Provisional desapareceron, e nos muros de París comezaron a lerse as históricas palabras : '''''République française! [[Liberté, Égalité, Fraternité]] !''''
 
Finalmente, instituiuse a [[Segunda República Francesa|Segunda República]] despois de que o monarca [[Luís Felipe de Orleans]] abdicase con motivo do descontento que orixinara o seu Goberno.