Rudolf Steiner: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Escritor e filósofo: Johann Wolfgang von Goethe |
m →Ciencia goetheana: Johann Wolfgang von Goethe |
||
Liña 106:
=== Ciencia goetheana ===
Nos seus comentarios ás obras científicas de [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]], escritos entre 1884 e 1897, Steiner presentou o enfoque científico de Goethe como de natureza esencialmente fenomenolóxica, máis que baseado nunha teoría ou un modelo. Desenvolveu máis este concepto en varios libros (''Teoría do coñecemento baseada na concepción do mundo de Goethe'', de 1886, e ''Goethe e a súa visión do mundo'', de 1897), que enfatizan particularmente a transformación do enfoque de Goethe, desde as [[Física|ciencias físicas]] (onde o experimento xogaba o papel principal) á [[bioloxía]] vexetal (onde se requiría imaxinación para encontrar os arquetipos biolóxicos ''(Urpflanze)'', e postulou que Goethe buscar (mais sen encontrar completamente) a transformación do pensamento científico necesaria para interpretar e comprender adecuadamente o reino animal.<ref>Johannes Hemleben, Rudolf Steiner: A documentary biography, Henry Goulden Ltd, 1975, ISBN 0-904822-02-8, pp. 37-49 (edición alemá: Rowohlt Verlag, 1990, ISBN 3-499-50079-5)</ref>
Steiner defendeu a descrición cualitativa da cor de Goethe como xurdindo sinteticamente da polaridade de luz e escuridade, en contraste coa concepción analítica de [[Newton]], baseada en partículas. Enfatizou o papel do pensamento evolutivo no descubrimento de Goethe do óso intermaxilar en seres humanos; Goethe esperaba que a anatomía humana fose unha transformación evolutiva da anatomía animal.<ref>Johannes Hemleben: ''Rudolf Steiner: A documentary biography'' (pp. 37-49). Henry Goulden Ltd, 1975, ISBN 0-904822-02-8 (Edición alemá: Rowohlt Verlag, 1990, ISBN 3-499-50079-5).</ref>
|