Rudolf Steiner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Johann Wolfgang von Goethe
m →‎Escritor e filósofo: Johann Wolfgang von Goethe
Liña 37:
=== Escritor e filósofo ===
[[Ficheiro:Steiner Berlin 1900 big.jpg|miniatura|upright|Rudolf Steiner 1900]]
En 1888, como resultado do seu traballo para a edición Kurschner das obras de [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]], Steiner foi invitado para traballar como editor nos arquivos de Goethe en [[Weimar]]. Steiner permaneceu no arquivo até 1896. Ademais das introducións e os comentarios a catro volumes de escritos científicos de Goethe, Steiner escribiu dous libros sobre a filosofía de Goethe: ''Teoría do coñecemento baseada na concepción do mundo de Goethe'' (1886) e ''Goethe e a súa visión do mundo'' (1897). Durante este tempo tamén colaborou en edicións completas da obra de [[Arthur Schopenhauer]] e a do escritor [[Jean Paul]], e escribiu artigos para diversas revistas.
 
Así mesmo escribiu a que considerou a súa obra filosófica máis importante: ''Die Philosophie der Freiheit'' ([[A filosofía da liberdade]], 1894), unha exploración de [[epistemoloxía]] e [[ética]] que propuña un camiño polo cal os seres humanos poden converterse en seres libres espiritualmente (véxase máis abaixo).