Diferenzas entre revisións de «Antigo Réxime»

m
→‎Pensamento, cultura e arte: Johann Wolfgang von Goethe
m (→‎O modelo francés: Jean Racine)
m (→‎Pensamento, cultura e arte: Johann Wolfgang von Goethe)
Ademais do triunfo da estética racionalista e a técnica academicista, desprestigiadora dos excesos sensoriais barrocos, o Neoclasicismo vese impulsado polo descubrimento das ruínas de [[Pompeia]] e a súa difusión por toda Europa (ao que contribuíu a moda do [[Grand Tour]], ou nacente turismo aristocrático), que coincide no tempo con acontecementos intelectuais disolventes para o Antigo Réxime: o inicio da publicación da ''[[Encyclopédie]]'' (1751) ou as volterianas reflexións sobre o [[Terremoto de Lisboa de 1755|terremoto de Lisboa]] (1755); a moda en Europa e América é atopar as sobrias virtudes da Roma republicana (máis que a decadente imperial): é un bo exemplo a elección de [[Cincinato]] (o modelo de paterfamilias que abandonou os seus bois para acudir á chamada do servizo público como ditador temporal e que, terminada a duración do seu cargo, volve ao seu arado) para nomear a [[Cincinnati]], unha cidade de nova creación nos nacentes [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. [[Benjamin Franklin]], embaixador en Francia, foi testemuña de como a decadente corte de Versalles acollía con simpatía á nacente República cunha mestura de condescendencia e admiración ante os que imaxina (e imaxinan a si mesmos) como unha mestura de [[bo salvaxe]] e [[Nova Roma]].
 
Doutra banda, a estética prerromántica do [[Sturm und Drang]], o taciturno modelo xuvenil do [[Werther]] de [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]] ou as ''Noites lúgubres'' de [[José Cadalso]] presaxian xa unha época convulsa, en que as contradicións insolubles da Ilustración, que non pode conciliar o Antigo Réxime coas emerxentes forzas da Revolución, resolveranse violentamente: ''o soño da razón produce monstros'', como tan xenialmente expresou [[Goya]].
 
{| style="clear: both"
104.748

edicións