Diferenzas entre revisións de «Georges-Louis Leclerc»

m
→‎Bioloxía: Johann Wolfgang von Goethe
m (→‎Bioloxía: Johann Wolfgang von Goethe)
* Buffon rexeita a obxectividade da [[Taxonomía|sistemática]], especialmente a [[Linneo|linneana]], á que considera totalmente artificial. Porén, propón un concepto de [[Especie (bioloxía)|especie]] moi próximo ao concepto biolóxico moderno, fundamentado na permanencia dos caracteres ao longo das xeracións e na imposibilidade de obter descendentes fecundos entre dúas especies diferentes. En opinión de Buffon, os baleiros entre especies son a única descontinuidade mostrada pola Natureza.
* O [[transformismo (bioloxía)|transformismo]] de Buffon está limitado ao interior das especies. Se ben Buffon especula sobre a posibilidade dun tipo orixinal de onde descenderían o resto dos animais mediante transformacións morfolóxicas, finalmente rexeita esta hipótese baseándose na constancia das especies e na infertilidade dos híbridos. A tese de que Buffon era un evolucionista convencido que corrixiu as súas opinións por medo á Igrexa non se acepta xa por ningún dos expertos na obra de Buffon. Como sinala Russell,<ref>Russell (1916): ''Form and Function'', páx. 25.</ref> Buffon refuta a posibilidade transformista apelando a criterios racionais e non a un acto de fe: como podería suceder que dous individuos "dexenerasen" na mesma dirección? Como é que non encontramos ligazóns intermedias entre as especies? Para Buffon, as "dexeneracións" poderían afectar tan só ao tipo orixinal dunha especie por influencia especialmente do clima. Porén, o seu cuestionamento da constancia absoluta da especie, as súas reflexións sobre a historia da Terra, a fecundidade dos híbridos, o papel do medio e a [[bioxeografía]], abrirá a vía á bioloxía [[lamarck]]iana. (Schmitt 2006: 97).
* En [[anatomía|anatomía comparada]], aínda que a súa obra non destaca polas súas observacións detalladas, ofrece un programa de investigación que tería unha forte influencia. Por un lado, insiste na importancia do estudo das estruturas internas (e non só da morfoloxía externa) para a comprensión do funcionamento dos organismos. Este proxecto será posto en marcha por [[Daubeton]] e [[Vicq d'Azyr]] e conducirá á gran síntese de [[Georges Cuvier|Cuvier]]. Por outro lado, Buffon, desconfiando da causalidade final, tende a adoptar un enfoque puramente morfolóxico, considerando as formas independentemente da súa función. Esta vía conducirá aos traballos de [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]] e [[Étienne Geoffroy Saint-Hilaire]]. (Schmitt 2006: 97)
 
As ideas de Buffon non estiveron exentas de controversia. En particular, a súa longa disputa con [[Thomas Jefferson]] e outros estudosos estadounidenses ao estar el convencido de que en América prevalecía un estado de evolución retardada, tanto para as plantas e os animais como para os indíxenas. Tamén sostivo unha curiosa polémica por correspondencia con [[Lord Monboddo]] quen, en contra da opinión de Buffon, insistía na proximidade do parentesco de homes e simios.
102.382

edicións