Roi Xordo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
w
Liña 32:
}}
 
'''Roi Xordo''' foi un fidalgo medieval da terra da [[casa de Andrade]], que en [[1431]] liderou a [[Irmandade Fusquenlla]] na súa revolta contra o señor [[Nuno Freire de Andrade, o Mao]], na que sería a primeira revolta [[irmandiños|irmandiña]].
 
== Traxectoria ==
Pouco se sabe de Roi Xordo. Podería ser de [[Ferrol]], aínda que tamén se defende que era coruñés<ref>Hai quen considera que este Roi Xordo é o mesmo que outorgou testamento na cidade da Coruña o [[24 de decembro]] de [[1457]] (ver Uriarte Basadre). Ademais semella que este Roi Xordo das Mariñas, rexedor da Coruña, é o mesmo que finou violentamente no mes de xuño de 1458 a mans de [[Fernán Pérez de Andrade, O Mozo]], e dos seus homes, segundo testemuña o seu tío [[Gómez Pérez das Mariñas I]] (ver Pardo de Guevara).</ref>. Liderou unha forza de 3.000 homes que tomou o [[castelo de Moeche]], e despois atacou outras fortalezas en [[Pontedeume]], [[Monforte de Lemos]] e [[Santiago de Compostela]] até a súa suposta morte no combate en Pontedeume en [[1437]], cando foi derrotada a irmandade.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* [[Florentino Uriarte Basadre|Uriarte Basadre, F.]]: ''O testamento de Roi Xordo das Mariñas'', Copia de 1503 sobre un orixinal de 1457; en ''[[Grial (revista)|Grial]]'' n.º 74, 1981, pp.&nbsp;514–520.