Ablativo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
<nsfbo<sfdnbjk
Sen resumo de edición
Liña 1:
 
* Latín: rosa, rosa.
* Nominativo: rosa (a rosa).
* Ablativo sing: rosa (por, con... a rosa).
* Ablativo plural: rosis (por, con... as rosas).
 
O ablativo, di Monlau, «é exclusivamente propio do [[latín]]; ''ablatiuus proprius est romanorum'', di Prisciano; e chamárono ''ablativo'' ou ''quitativo'', porque quita o valor da preposición que vai envolvida ou comprendida no dativo. [[Xulio César]], no medio da súa [[guerra das Galias]], ditou na súa tenda de campaña un tratado gramatical ''De Analogia'', que dedicou a [[Marco Tulio Cicerón|Cicerón]], e no cal se acha por primeira vez o nome ''ablativo'' para designar o sexto caso da declinación latina, o cal non tiña nome propio, porque non existe na lingua grega».
 
En [[latín]], o ablativo adoptou as funcións que empregaban os antigos casos [[caso instrumental|instrumental]] e [[caso locativo|locativo]]. A construción latina en [[ablativo absoluto]] é un desenvolvemento destes usos do ablativo.
 
En [[lingua finesa|finés]] (''suomi''), o caso ablativo é o sexto caso locativo. O seu significado básico é «expresar o lugar (aberto) dende onde se produce un desprazamento».
 
Exemplo: en [[lingua finesa|finés]], o ([[sufixo]] ''-lta/-ltä'') : ''piha'' significa «xardín» -> ''pihalta'' «dende o xardín».
 
Os outros casos locativos en [[lingua finesa|finés]] son:
 
* [[elativo|Caso elativo]] («fóra de»).
* [[inesivo|Caso inesivo]] («dentro de» indicando localización).