Ictericia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Ictericia"
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 6:
[[Ficheiro:Heme_b.svg|miniatura|Grupo hemo.]]
[[Ficheiro:Bilirubin.svg|miniatura|Estrutura da bilirrubina.]]
A ictericia por si mesma non é unaunha [[doenza]], senón un signo clínico externo dun proceso patolóxico subxacente que ocorre nalgún punto da vía fisiolóxica normal do metabolismo da [[bilirrubina]], polo que para comprender como se xera a ictericia é importante coñecer o metabolismo desta substancia no organismo.
 
Cando os [[Eritrocito|glóbulos vermellos]] completaron o seu ciclo vital normal (uns 120 días), ou cando están danados, as súas membranas vólvense fráxiles e creban doadamente. A medida que atravesan os órganos do sistema reticuloendotelial (os [[Ganglio linfático|ganglios linfáticos]] e o [[bazo]]), os glóbulos vermellos fráxiles rompen, e o seu contido celular, incluíndo a [[hemoglobina]] (a molécula que transporta o osíxeno), libérase no sangue. Os [[Macrófago|macrófagos]] fagocitan a hemo[[globina]], degradándoa nos seus compoñentes: a globina e o grupo [[Hemo|hemo.]] A globina é un fragmento proteico que se degrada en [[Aminoácido|aminoácidos]] e non ten ningún efecto no desenvolvemento da ictericia. O grupo hemo sofre dúas reaccións: