Cristina Cifuentes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 24:
O 20 de agosto de [[2013]], foi ingresada en estado grave no [[Hospital La Paz]], por traumatismo torácico severo con cinco costelas rotas, tras sufrir un accidente de moto no [[Paseo de la Castellana]].<ref>{{Cita Web|url=http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/08/20/madrid/1377017853_520499.html|título=A delegada do Goberno en Madrid, ferida grave nun accidente de moto|editorial=''El País''|data=20 de agosto de 2013}}</ref> Circulaba sen a revisión da [[ITV]]. Recibiu a alta médica o [[23 de setembro]] de [[2013]].
 
=== Polémica pola titulación universitaria e dimisión===
O 21 de marzo de 2018 apareceron informacións en [[eldiario.es]] sobre irregularidades no seu expediente académico nun máster en dereito autonómico que dicía ter pola Universidade Rey Juan Carlos (URJC). En rolda de prensa esa mesma tarde amosou documentación que lle fora enviada dende a propia universidade que probaba ter a titulación. Esta información foi nun primeiro momento confirmada polo reitor da propia universidade. Informacións posteriores publicadas na prensa e confirmadas pola universidade negaban a documentación amosada e poñían os feitos en coñecemento da fiscalía por considerar que había un posible delito.<ref>[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2018/04/06/director-master-cifuentesreconoce-reconstruyo-acta-orden-rector/00031522999600823150667.htm El rector de la Rey Juan Carlos niega haber «manipulado» la documentación <span title="do (contracción &quot;de + o&quot;), del (contracción &quot;de + el&quot;)" style="background-color: rgb(255, 145, 145);">del</span> máster de Cifuentes lavozdegalicia.es]</ref>
 
O 4 de abril o diario dixital ''[[El Confidencial]]'' publicou unha investigación onde alegou que polo menos dúas das tres sinaturas do tribunal correspondentes á acta de avaliación do Traballo de Fin de Máster eran falsas e sostivo que o documento fora <nowiki>''fabricado''</nowiki> había dúas semanas.​​ O presidente do [[Goberno de España|Goberno]] [[Mariano Rajoy]] considerou «bastante estéril» a polémica sobre o máster.<ref>{{Cita web|url=http://www.abc.es/espana/abci-rajoy-considera-bastante-esteril-polemica-sobre-master-cifuentes-201804031945_noticia.html|data-publicación=4 de abril de 2018|páxina-web=abc.es|título=Rajoy considera «bastante estéril» la polémica sobre el máster de Cifuentes|data-acceso=|lingua=castelán}}</ref> Ao día seguinte, unha das profesoras cuxa sinatura aparecía como aval na acta da defensa do Traballo de Fin de Máster denunciou a falsidade da súa sinatura no documento.<ref>{{Cita web|url=http://www.elmundo.es/madrid/2018/04/05/5ac64c64ca4741235a8b45d0.html|data-publicación=6 de abril de 2018|páxina-web=elmundo.es|título=Una de las profesoras del máster declara que no firmó el trabajo de fin de máster de Cifuentes|data-acceso=|lingua=castelán}}</ref>
 
O 25 de abril OK Diario fixo pública unha gravación de 2011 das cámaras de seguridade dun local de Eroski. Nas imaxes Cifuentes era acompañada por un garda de seguridade a un local onde lle pedía que amosase o contido do bolso xa que fora vista por unha empregada metendo obxectos nel. Resultou que levaba dous botes de crema valorados nus 40 euros que Cifuentes pagou antes de marchar do supermercado. Ás 12 horas dese mesmo día anunciaba en rolda de prensa a súa demisión do cargo de Presidenta da Comunidade de Madrid polo acoso ao que dicía estar sometida.<ref>[https://www.20minutos.es/noticia/3323346/0/cristina-cifuentes-dimite-master-cremas-madrid/ Cifuentes dimite: "Me llevé por error unos productos, el vídeo ha sido utilizado para ir más allá de lo político" 20minutos.es]</ref>
 
== Notas ==