Déixaas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Déixaas''' é o quinto disco da cantante [[Galicia|galega]] [[Mercedes Peón]]. O álbum publícase o 27 de abril de 2018.
 
Neste traballo, realizado con con [[Mónica de Nut]] e Ana Fernández, a maquinaria pesada convértese en instrumento e por iso nos temas se inclúeninclúense sons gravados en estaleiros navais. O entorno industrial, así como a roupa e a arte do vídeoclip, subliñan unha estética industrial e pesada asociada ao [[punk]], a angustia e a ira na contracultura. Mercedes Peón explica nunha entrevista cal foi o proceso que a levou a conseguir que [[Navantia]] pasase de ser un espazo de construcción naval convencional para converterse nun lugar para compor a música industrial.<blockquote>O primeiro que fixen foi buscar provocacións sonoras e facer unha escolla. Pedín que me deixaran entrar en Navantia para gravar o proceso de construción nesa cidade-industria. Achegueime coas miñas gravadoras, na nave da prancha fina e percorrín un portaavións en construción. Todos eses sons penetráronme e comecei a producir polirritmias cos martelos batendo nas pranchas, ambientes coas rebarbadoras, cos pasos subindo escaleiras metálicas, ventiladores etc.</blockquote><blockquote>Isto sería o espazo a onde levo a Mónica, a Ana, ou por exemplo a Fernando Abreuco seu clarinete. Imaxínome os departamentos en construción con Fernando sentado co seu clarinete baixo, a carón dunha radial que corta metal para un departamento, ou a Mónica chea de vexetación ferrosa na cima do porta-avións, ou a Ana facendo sons cun tubo de fontanería paseándose polo tremendo buque. Ir pasando polos distintos departamentos e que na radio saia a voz de [[Yolanda Castaño]] cos ritmos vogais de [[María Reimóndez]], etc.[1]</blockquote>O director do vídeo, gravado en Navantia, é [[Alberto Castaño]].
[[Categoría:Álbums de Mercedes Peón]]
[[Categoría:Álbums musicais de 2018]]