Mercedes Peón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 30:
 
Mercedes Peón participou en dúas edicións do [[Festival de Ortigueira]], nos anos [[2002]] e [[2007]].
 
=== Déixaas (2018) ===
Neste traballo, realizado con con [[Mónica de Nut]] e [[Ana Fernández]], a maquinaria pesada convértese en instrumento e por iso nos temas se inclúen sons gravados en estaleiros navais. O entorno industrial, así como a roupa e a arte do vídeoclip, subliñan unha estética industrial e pesada asociada ao [[punk]], a angustia e a ira na [[contracultura]]. Mercedes Peón explica nunha entrevista cal foi o proceso que a levou a conseguir que Navantia pasase de ser un espazo de construcción naval convencional para converterse nun lugar para compor a [[música industrial]]. <blockquote>O primeiro que fixen foi buscar provocacións sonoras e facer unha escolla. Pedín que me deixaran entrar en Navantia para gravar o proceso de construción nesa cidade-industria. Achegueime coas miñas gravadoras, na nave da prancha fina e percorrín un portaavións en construción. Todos eses sons penetráronme e comecei a producir polirritmias cos martelos batendo nas pranchas, ambientes coas rebarbadoras, cos pasos subindo escaleiras metálicas, ventiladores etc.</blockquote><blockquote>Isto sería o espazo a onde levo a Mónica, a Ana, ou por exemplo a [[Fernando Abreu]]<nowiki/>co seu clarinete. Imaxínome os departamentos en construción con Fernando sentado co seu clarinete baixo, a carón dunha radial que corta metal para un departamento, ou a Mónica chea de vexetación ferrosa na cima do porta-avións, ou a Ana facendo sons cun tubo de fontanería paseándose polo tremendo buque. Ir pasando polos distintos departamentos e que na radio saia a voz de [[Yolanda Castaño]]<nowiki/>cos ritmos vogais de [[María Reimóndez]], etc.<ref>{{Cita web|url=http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/62705-resistencia-derrota-mercedes-peon-monica-nut-ana-garcia|apelidos=Confidencial|nome=Galicia|páxina-web=Galicia Confidencial|título=A resistencia á derrota de Mercedes Peón, Mónica de Nut e Ana García|data-acceso=2018-04-25|lingua=gl-ES}}</ref></blockquote>O director do vídeo é [[Alberto Castaño]].<ref>{{Cita novas|apelidos=culturagalega.org|data=2018-04-24|xornal=culturagalega.org|título=Mercedes Peón presenta o seu novo disco 'Deixaas' . Propón música tradicional, electrónica e sons industriais neste vangardista quinto traballo|url=http://culturagalega.gal/noticia.php?id=28625|lingua=es|data-acceso=2018-04-25}}</ref>
 
==Discografía==