Yvain, o Cabaleiro do León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Anox (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 6:
 
== Argumento ==
Un día, na Corte do [[Rei Artur]], [[Calogrenant]] conta na corte de Artur a súa aventura: atopa unha fonte máxica, e dinlle que se consegue verter a súa auga nunha gran pedra, se exporá a moitos perigos, en particular a unha terrible tempestade, pero tamén a sucesos marabillosos. Cando o fai, desencadéase unha tempestade que destrúe as colleitas e mata a xente do lugar. Pero despois, ocorre a marabilla: moitos paxaros de cantos melodiosos se pousan sobre a árbore. De pronto, un cabaleiro negro combate a Calogrenant e vénceo. Yvain decide vingar o seu primo. Chega ó castelo, mata o seu dono e namórase de Laudine, a viúva. Casa con ela pero despois, convencido por Galván, volve ás súas aventuras, e incumpre a súa promesa de volver ó cabo dun ano. Ela escríbelle e dille que non o quere volver a ver, co que el tolea e vaga errante polos bosques. Alí bate cun león a pelexar cun dragón. Decide axudar o león, sálvao. Como agradecemento, este fica ao seu lado, polo que será chamado de aí en diante o Cabaleiro do León, e ambos vivirán unha serie de aventuras que terminarán por lle ensinar a Yvain o verdadeiro significado da honra, a amizade e o amor. Coa axuda dunha doncela da dona, recupera o amor da súa esposa e consegue o seu perdón.e desde aquela o león queda con el. Finalmente volve con Laudine e viven felices.
 
=== A lenda do Cabaleiro de León en Galicia ===
Aínda que na literatura galega medieval non se conservan textos con esta historia, non hai dúbida que se coñecía. Un testemuño moi claro é o tímpano do mosteiro de Santa María de Penamaior (cisterciense), labrado contra 1255''.'' Alí aparece YvayYvayn, o cabaleiro triunfante levando as rendas do cabaleiro vencido, a fonte milagreira, representada polas ondas do círculo central, a árbore chea de paxaros, o cadrado ó pé da fonte onde se vertía a auga que desencadeaba tormentas e o león, co rabo bifurcado<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Sánchez Ameijeiras|nome=Rocío|data=2003|título=Cistercienses y leyendas artúricas: el caballero del león en Penamior (Lugo)|PMC=|revista=Rocío Sánchez Ameijeiras y José Luis Senra Gabriel y Galán (coords.): El Tímpano románico: imágenes, estructuras y audiencias. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia|doi=|ISSN=|PMID=|volume=|páxinas=295-321|número=}}</ref>.
 
== Notas ==