Diferenzas entre revisións de «Os outros feirantes»

erros
(erros)
16.- (p.56) '''''Fulxencio Parada'''''. Era de [[Asados, Rianxo|Asados]] e tiña unhas laranxas que consideraba as mellores do mundo e dábaas a probar a todos. No servizo militar en [[Ferrol]] o seu capitán contáballe a historia de [[Pedro I de Castela|Pedro o Cruel]] atribuíndo o episodio de [[Bertrand Du Guesclin|Beltran du Guesclin]] a [[Fernán Peres de Andrade o Boo|Fernán Pérez de Andrade o Bo]]. A frase sonada aplicábaa ás laranxas.

17.- (p.59) '''''HermelindaHermelina da Ponte'''''. Seu pai quitaba as verrugas con palabras. Estaba empeñado en que as monxas de [[Allariz]] lle prestasen unha pel de dragón. A súa filla HermelindaHermelina xa sabía pór inxeccións. Herdou a ciencia do pai mellorada: poñía luares no corpo. Tiña boa clientela portuguesa, sobre todo un cabaleiro. Foi a Ourense e por consello de D. [[Vicente Risco]] fixo unha tarxeta ''H.C.P. proveedora de luares dos Reises de Portugal''.

-[[Ficheiro:High-contrast-camera-video.svg|20px]][https://www.youtube.com/watch?v=h5Mt0qo1P4U/ Adaptación na serie ''Os outros feirantes'' da [[Televisión de Galicia]] ]
De todo isto podemos concluír que Álvaro Cunqueiro ten especial interese en individualizar os seus personaxes, o que podemos considerar como unha das súas estratexias realistas.

'''3.- Desenvolvemento do asunto.'''
A temática é moi variada. Hai relatos que se limitan a contar un único asunto ou anécdota puntual (son os menos frecuentes): Xosé Liñeiras (Pepiño Seisdedos); Marcelino Pardo (o gatipedro); A orella dereita de Antón de Leivas; Lamego de Mouriz (a arte de interpretar o tempo atmosférico); Ramiro da Barca (o caso do cabaleiro demo co seu bisavó); Roque das Goás (a máquina voadora); Marcelino Salgueiro (a cabeza que xiraba).
Na maioría dos relatos non hai unha verdadeira trama. Denotan a influencia oral e van enlazando diversas anécdotas: O enano das burlas (fai a un tatexo e tírallo a outro); Unha siria en Ribadeo (o interese polas diferentes xentes do mundo); Amadeo de Sabres (as cousas que lle van asubiando: paraugas, culler, cadeira...); Penedo de Silvosa (casos que conta: besta que vai cazar e acaba ligando, pantalón que fai para a 1ª muller que o usa, caso de espiritismo); Piñeiro e as fontes (a teima das fontes e o orneo do garañón); A voadora de Serantes (o caso da voadora e os pesos emeigados); Fulxencio Parada (as laranxas e a historia de Pedro o Cruel); HermelindaHermelina da Ponte (o seu pai propondo negocio ás monxas e ela coas verrugas e lunares); Fuco de Pedrosa (a súa noiva asturiana Covadonga, a súa muller Begoña, historia de Hind que lle le Cunqueiro).

'''4.-Desenlace.'''
Unha vez acabado de contar o(s) asunto(s), por regra xeral hai no relato un final a modo de anticlímax. Pode ser unha sentenza final (dita a posteriori por algunha personaxe ou o autor implícito):O verdugo na Cañiza (''salveime de miragre, comentaba'', p. 19); A voadora de Serantes; Peleteiro da Bouza; Tristán García; Cosme de Paredes; Reinaldo Novo; María a Peneireira. En moitos casos é un resumo en poucas liñas no que se nos dá conta do sucedido despois do asunto: Marcelino Pardo (''Cos anos, Marcelino chegou a crer que tiña visto o gatipedro saír da súa casa e fuxir pola bouza, e cada vez, na descripción que facía aos fillos e aos netos, o gato era máis grande, a lingua tiña case unha vara de ancho, e o corno daba auga como unha boa fonte no mes de marzal, que é cando as fontes abren, tras os diluvios do inverno'', p.25); Louro de Parentes; Amadeo de Sabres; Penedo de Silvosa; Freire de Rego; Lamego de Mouriz ; Fuco de Pedrosa, Félix Lourido; Aurelio e máila xitana; Novagildo Andión; Don Felicio escribe dende o outro mundo; O corvo Estanislao;...
E nalgúns casos mestúranse as dúas solucións: Rosa Martiño (''Ao fin, como sempre estaba pensando en volver a Noia ou a Betanzos, casou cun piloto mercante. Pro resultou que o piloto non quería seguir navegando, que o que quería era exercer o oficio de reloxeiro. O suízo viudo meteuno na súa tenda. Así é a vida'', p. 67); Ramiro da Barca (''Anos despois, perto de Triacastela, atoparon a trompeta, limpa, brillante, e na bu¬guina tiña un letreiro que decía "Made in England". O forasteiro sería en todo caso un demo inglés. ¿E qué se lle perdería en Ourense? '', 70).
En resumo, na estrutura do relato podemos distinguir dous tipos:
1- Relatos nos que o narrador lle concede predominio aos feitos situándonos directamente na acción (O Cabalo de Alberte Merlo, O enano das burlas).
2- Aqueles nos que se fai unha semblanza dun personaxe e que constan dos aspectos sinalados anteriormente.
==Realidade e fantasía. Estratexias realistas do relato==

{{Cita|O universo de Cunqueiro organiza-se nun contínuo movimento entre o real, o verosímil (p. ex. “Xosé Liñeiras”, ou “Anxeliña de Prado”), o estraño (“Tristán García”) e o fantástico (“O enano das burlas” ou “Hermelinda“Hermelina da Ponte”), obrigando ao seu auditório a dubidar da autoridade da voz narrativa, da localización espacio-temporal, de quen é o protagonista e en definitiva de cal é a historia que se quer contar<ref>{{Cita libro|título=Cunqueiro. Curso de Orientación Universitaria. Tema 4|apelidos1=González Fernández|nome1=Mª Xosefa|apelidos2=Manso Seijas|nome2=Carme |apelidos3=Salinas Portugal|nome3=Francisco |editorial=Bahia Edicións|ano=1992|ISBN=84-87674-26-7|páxina=113|ref=}}</ref>.}}
A realidade e fantasía mestúranse sempre na obra de Álvaro Cunqueiro, como el mesmo con frecuencia se encargou de lembrar, colocando a súa literatura na fráxil fronteira entre realidade e imaxinación:
*''Recollo algunhas notas sobare o mal de ollo, o demo e os trasnos, o lobo e mailo golpe e diversas animalias pantásticas, nas que van varias que son da miña imaxinación, o que non quere decir que non señan, e no máis "strictu sensu", reás...'' {{Sfn|Cunqueiro|1976}}
* Outro tipo querido por Cunqueiro é o menciñeiro (por iso lle dedicou en exclusiva un libro da triloxía) e aquí volve ter grande presencia. Agás no caso de Freire de Rego e de Hermelina da Ponte non son agora protagonistas, senón que aparecen introducidos nas historias de outra xente: unha menciñeira soluciona o caso de anano das burlas; un menciñeiro de preto de Pontedeume soluciona o caso do gatipedro.
* O estamento eclesiástico ten grande presencia nos relatos. Nunca aparecen como protagonistas, mais bispos, cregos ou monxas teñen grande influencia na vida das xentes populares: en Manuel Suárez cóntasenos do cóengo coñecido polo Tirademoños de [[Braga]]; o pai de Hermelina da Ponte proponlles negocio ás monxas de [[Allariz]].
* Das 49 historias só oito están protagonizadas por mulleres : A tía Remedios, a voadora de Serantes, HermelindaHermelina da ponte... Segundo Carme Blanco<ref>{{Cita libro|título= Nais, damas, prostitutas e feirantas |apelidos=Blanco|nome=Carmen|editorial=Edicións Xerais|ano=1995|ISBN=978-84-7507-910-3|ref=}}</ref> o realismo cunqueiriano non fai máis que recoller o papel secundario da muller na comunidade. Na maioría dos relatos están alí, pero non son as protagonistas.

En xeral, estes seres marxinais, que viven nun mundo marxinado e cheos de teimas e eivas, lograrán evadirse da súa realidade a través da imaxinación e a ironía.
5.173

edicións