Os outros feirantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
erros pequenos
Liña 38:
1.-(p.11) '''''O cabalo de Alberte Merlo'''''. O cabalo comeza a falar con A. Este múdalle o nome: ''Cheval''. Quere que só fale con, ata ten celos da muller. Esixe promesa de que só fale con el, ou deixará de falar. Pídello por escrito. A. mesmo pensa nun avogado. Consulta co mestre de [[Muros]]. Faise o papel. Cheval pide que o rexistre. A. Aínda segue a dubidar o que fará.

2.- (p.14) '''''O enano das burlas'''''. Serxio viu o enano. Este faloulle tatexando e Serxio tamén lle respondeu así, desde entón é tatexo: ''vaia cabronada, el que nunca andara aos tesouros! '' En Corbelle Antolín era tatexo. A menciñeira Jovita cre que se visita o anano tamén lle gastará outra broma, voltándoo normal. Así sucede. O cura da parroquia bota uns latíns de sentenciasentenza e ''ese enano o que é, e un coñón''.

3.- (p.17) '''''O verdugo da Cañiza'''''. Hai cen anos chegou á [[A Cañiza|Cañiza]] un verdugo con problemas para coller cama. Logo do suceso, conta unha anécdota do viño branco. Sae para Pontevedra. Agustín charla con el: é moi estimado, inventou unha guillotina portátil, a isabelita, en honor de [[Isabel II de España|Isabel II]]. Tamén inventou un nó para axusticiar que proba cunha bufanda en Agustín; quédalle a marca da proba.
Liña 70:
15.- (p.53) '''''Lamego de Mouriz'''''. As sortes e resortes son as predicións feitas en determinados días segundo o tempo. Lamego escoitou a un falar de ''augas nunca vistas'' e fixo todos os preparativos para o inverno como se se fose asolagar. Non pasou nada, pero o diluvio foi en [[Italia]]. Agora ensina unha foto de xornal de [[Florencia]] como proba: puideran facerse ricos previo pago, se avisasen aos italianos.

16.- (p.56) '''''Fulxencio Parada'''''. Era de [[Asados, Rianxo|Asados]] e tiña unhas laranxas que consideraba as mellores do mundo e dábaas a probar a todos. No servicioservizo militar en [[Ferrol]] o seu capitán contáballe a historia de [[Pedro I de Castela|Pedro o Cruel]] atribuíndo o episodio de [[Bertrand Du Guesclin|Beltran du Guesclin]] a [[Fernán Peres de Andrade o Boo|Fernán Pérez de Andrade o Bo]]. A frase sonada aplicábaa ás laranxas.

17.- (p.59) '''''Hermelinda da Ponte'''''. Seu pai quitaba as verrugas con palabras. Estaba empeñado en que as monxas de [[Allariz]] lle prestasen unha pel de dragón. A súa filla Hermelinda xa sabía pór inxeccións. Herdou a ciencia do pai mellorada: poñía luares no corpo. Tiña boa clientela portuguesa, sobre todo un cabaleiro. Foi a Ourense e por consello de D. [[Vicente Risco]] fixo unha tarxeta ''H.C.P. proveedora de luares dos Reises de Portugal''.
Liña 84:
22.- (p.74) '''''Félix Lourido'''''. Bo cazador e especialista en lobos. Seguíalles o rastro e como o lobo sempre ten que saír a mexar, era o momento en que el o encaraba, lle ensinaba os dentes, dicíalle ''tate'' e matábao dun tiro. Pero unha vez o lobo non daba saído e sentouse a comer. Apareceulle un lobo vello que o mirou, tamén lle dixo ''tate'' e riuse del. Félix non se atreveu a matalo.

23.-(77) '''''Peleteiro da Bouza'''''. Toda a vida andara en preitos cos veciños. Como botaba a casa a perder os fillos prohíbenllo. Pasa os días sentado xunto a unha figueira. Un veciño regálalle un par de galos en pago dun bo consello para un preito. A un lévao o golpe. O outro faise compañeiro inseparable do vello. Dormen xuntos, asente ás sentenciassentenzas do vello, cacaréxalle aos antigos contrincantes. O vello morre e o polo acaba no arroz da familia.

24.- (p.80) '''''Aurelio e maila xitana'''''. Aurelio vai coller o coche de liña. Aparécelle unha fermosa xitana que lle quere botar a boaventura ou un baile. Non lle fai caso. Ela dille que llo pagará en queixos. Volve á casa dous días despois e a muller cóntalle como uns ratos negros lle comeron 18 queixos. Uns din que foi a xitana, outros que unha moura do tesouro. Agora Aurelio sae de paseo cun peso por se a ve.
Liña 121:
37.- (p.119) '''''Don Felicio escribe dende o outro mundo'''''. Estivera na [[A Habana|Habana]] e conservábase unha foto na que aparecía cunha escribanía. O seu neto político, Manuel, ve unha noite, sesenta anos despois, como a pluma da escribanía quere escribir soa. Fan garda e ven como pon ''SOLADME LOS ZUECOS''. Topan uns zocos vellos que levan a solar. Volve escribir ''GRACIAS'' e deixa unha moeda de ouro de [[Fernando VII]], que o narrador afirma ter visto. Agora os da familia andan descalzos e escoitando o ruído do ouro dun suposto tesouro do vello.

38.- (p.122) '''''Padín de Carracedo'''''. Perdeu un ollo por culpa dun ourizo. O oculista recomendoulle un de cristal e deixoulle rebaixado un violeta que fora antollo dunha viúva: ''Vinca pervinca, L. Made in Germany''. Grazas ao ollo casou e o terceiro fillo tivo os ollos cor violeta. Desde entón puxo unha estación de servicioservizo para preñadas que querían fillos cos ollos violetas, sacándolle bos cartos.

-[[Ficheiro:High-contrast-camera-video.svg|20px]][https://www.youtube.com/watch?v=theqfAyYLJs&list=PL1_H_bPnDbcvcndYUUf-QagylbN8uykke&index=6/ Adaptación na serie ''Os outros feirantes'' da [[Televisión de Galicia]]]
Liña 171:
Pero ademais tamén aparece o autor implícito cando o narrador non se limita a transmitir a historia, senón que se introduce nela con opinións e comentarios valorativos sobre os feitos relatados): '' Si a cousa era certa, era un gran prodixio, e conviría saber o que Freire lle decía á vela. E si había truco ¿de onde o sacaría o Freire de Rego? '' (p. 41); ''O bisabó de Ramiro erre que erre que tiña que agardar polos ca¬britos, e o forasteiro que tiña que pasalo axiña. Si houbese amosado a man cunha propina, supoñamos catro pesetas, o bisabó de Ramiro seguro que o pasaría sin agardar ao parente cos cabritos'' (p. 69).

O narrador tamén é o que pronuncia a sentenciasentenza final en boa parte dos relatos: ''Así é a vida'' (p. 67).

De cando en vez, prodúcese no discorrer dos relatos un cambio de voz narrativa, deixando que os propios personaxes tomen a palabra para se converteren á súa vez en novos narradores, que poden intervir brevemente en primeira persoa para referiren unha pequena parte da súa historia:
Liña 245:
'''3.- Desenvolvemento do asunto.'''
A temática é moi variada. Hai relatos que se limitan a contar un único asunto ou anécdota puntual (son os menos frecuentes): Xosé Liñeiras (Pepiño Seisdedos); Marcelino Pardo (o gatipedro); A orella dereita de Antón de Leivas; Lamego de Mouriz (a arte de interpretar o tempo atmosférico); Ramiro da Barca (o caso do cabaleiro demo co seu bisavó); Roque das Goás (a máquina voadora); Marcelino Salgueiro (a cabeza que xiraba).
Na maioría dos relatos non hai unha verdadeira trama. Denotan a influencia oral e van enlazando diversas anécdotas: O enano das burlas (fai a un tatexo e tírallo a outro); Unha siria en Ribadeo (o interese polas diferentes xentes do mundo); Amadeo de Sabres (as cousas que lle van asubiando: paraugas, culler, cadeira...); Penedo de Silvosa (casos que conta: besta que vai cazar e acaba ligando, pantalón que fai para a 1ª muller que o usa, caso de espiritismo); Piñeiro e as fontes (a teima das fontes e o orneo do garañón); A voadora de Serantes (o caso da voadora e os pesos emeigados); Fulxencio Parada (as laranxas e a historia de Pedro o Cruel); Hermelinda da Ponte (o seu pai propondo negocio ás monxas e ela coas verrugas e lunares); Fuco de Pedrosa (a súa noiva asturiana Covadonga, a súa muller Begoña, historia de Hind que lle le Cunqueiro).

'''4.-Desenlace.'''
Unha vez acabado de contar o(s) asunto(s), por regra xeral hai no relato un final a modo de anticlímax. Pode ser unha sentenciasentenza final (dita a posteriori por algunha personaxe ou o autor implícito):O verdugo na Cañiza (''salveime de miragre, comentaba'', p. 19); A voadora de Serantes; Peleteiro da Bouza; Tristán García; Cosme de Paredes; Reinaldo Novo; María a Peneireira. En moitos casos é un resumo en poucas liñas no que se nos dá conta do sucedido despois do asunto: Marcelino Pardo (''Cos anos, Marcelino chegou a crer que tiña visto o gatipedro saír da súa casa e fuxir pola bouza, e cada vez, na descripción que facía aos fillos e aos netos, o gato era máis grande, a lingua tiña case unha vara de ancho, e o corno daba auga como unha boa fonte no mes de marzal, que é cando as fontes abren, tras os diluvios do inverno'', p.25); Louro de Parentes; Amadeo de Sabres; Penedo de Silvosa; Freire de Rego; Lamego de Mouriz ; Fuco de Pedrosa, Félix Lourido; Aurelio e máila xitana; Novagildo Andión; Don Felicio escribe dende o outro mundo; O corvo Estanislao;...
E nalgúns casos mestúranse as dúas solucións: Rosa Martiño (''Ao fin, como sempre estaba pensando en volver a Noia ou a Betanzos, casou cun piloto mercante. Pro resultou que o piloto non quería seguir navegando, que o que quería era exercer o oficio de reloxeiro. O suízo viudo meteuno na súa tenda. Así é a vida'', p. 67); Ramiro da Barca (''Anos despois, perto de Triacastela, atoparon a trompeta, limpa, brillante, e na bu¬guina tiña un letreiro que decía "Made in England". O forasteiro sería en todo caso un demo inglés. ¿E qué se lle perdería en Ourense? '', 70).
En resumo, na estrutura do relato podemos distinguir dous tipos:
1- Relatos nos que o narrador lle concede predominio aos feitos situándonos directamente na acción (O Cabalo de Alberte Merlo, O enano das burlas).
2- Aqueles nos que se fai unha semblanza dun personaxe e que constan dos aspectos sinalados anteriormente.

==Realidade e fantasía. Estratexias realistas do relato==