Os outros feirantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Análise da obra
Liña 235:
'''0.- O título.'''
-En moitos relatos: nome + de + apelido/alcume: Ramiro da Barca
-Outros nome + apelido/alcume: Marcelino Pardo
-Nalgúns nome e tema: O enano das burlas, O cabalo de Alberte Merlo.
'''1.- Presentación'''''.'''
'''Na maior parte dos relatos hai unha presentación rápida do asunto, do tema central do conto; ou sexa, que se vai directamente ao gran: ''Un tal Serxio de Muimenta, que deica entón falara ben e seguido, sen prender en consoante algunha, púxose a tatexar''' (O enano das burlas, p.14)

'''2.- Descrición dos personaxes. '''
A presentación inclúe, en moitos dos relatos e dependendo de cal é o asunto que se vai tratar no conto, unha descrición do protagonista, que pode ser máis ou menos explícita. Hainas cunha descrición física detallada, con información bastante completa sobre a súa familia, lugar onde nace ou vive, etc. Outras, en troques, case non din máis que o seu nome (que normalmente soe darse con bastantes detalles, incluíndo -en moitos casos- o alcume). Exemplo da primeira é: ''Antón de Leivas vivía cos seus pais e irmáns en Vilarelle, na casa que está mesmo á beira da fraga de Unces. Era un mozo de vintecatro anos, de mediana estatura, e arroibado, como soen ser os de Vilarelle'' (A orella dereita de Antón de Leivas, p. 50). Exemplos da segunda: O cabalo de alberte Merlo (p. 11), no que de Alberte só nome; do cabalo, sen embargo dáse unha información máis detallada. Ou Marcelino Prado (p. 23) do que só se nos di o nome.