Diferenzas entre revisións de «Sandiás, Sandiás»

m
-cia -> -za
m (-cia -> -za)
Parroquia da que toma o nome o Concello de [[Sandiás]]. Situado na [[comarca da Limia]], [[provincia de Ourense]].
 
Nesta parroquia sitúase a capitalidade municipal onde se concentran os serviciosservizos administrativos (Concello, Xulgado de Paz), culturais e educativos (biblioteca municipal, colexio, Punto de Atención Infantil) e sociais (Centro de Saúde, farmacia).
Conta tamén cun albergue de peregrinos dotado de 24 prazas.
[[Image:Retablodesanteestevo.jpg|left|thumb|300px|Retablo de Santo Estevo de Sandiás]]
Neste pobo atópase a [[igrexa de Santo Estevo de Sandiás]], unha das máis fermosas do renacemento galego. Construida polo mestre de cantería, Bartolome de Nosendo, antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarem, ou a parroquial de Batalha.
O [[retablo maior de Santo Estevo de Sandiás]] é de grande importancia polo seu significado na arte ourensá do século XVII. Foi realizado entre o ano 1603 e o 1607 polo entallador Xóan Fernández O Mozo e o escultor [[Francisco de Moure]], un dos mellores artistas galegos do primeiro tercioterzo deste século.
Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.
[[Image:Romariadosanbieito.jpg|left|thumb|300px|Misa na romaría do San Bieito da Uceira ([[Sandiás]])]]
61.374

edicións