Sistema nervioso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
Crese que a primeira neurona xurdiu durante o [[Ediacárico|período ediacárico]] en animais diblásticos coma os [[cnidario]]s.<ref name="neofronteras" />
 
Por outra banda, un estudo xenético realizado por [[Casey Dunn]] no ano 2008 considéranse nun nodo os triblásticos e noutro os cnidarios e os poríferos dentro dun gran grupo irmán dos [[ctenóforo]]s<ref name="dunn">{{Cita publicación periódica|apelidos=Dunn |nome=C.W.|apelidos2=''et al.'' |data=abril de 2008 |título=Broad phylogenomic sampling improves resolution of the animal tree of life |publicación=Nature |volume=452 |páxinas=745-749 |doi=10.1038/nature06614}}</ref> de forma que durante a evolución as esponxas mostraron unha serie de reversións cara á simplicidade, o que implicaría que o sistema nervioso se inventou unha soa vez (sería homólogo en todos os animais) se o antergo metazoo común foi máis complexo, ou ata en tres ocasións (ou sexa, sería [[homoplasia|homoplásico]]) se ese antepasado fose máis simple nunha especie de [[converxencia evolutiva]] entre ctenóforos, cnidarios e triblásticos. Outra opción é que numerosos xenes e vías do desenvolvemento orixinadas na base dos animais bilaterais se herdasen en cada liña principal dos animais, e empregadas de xeito independente nestes, na formación do sistema nervioso central (fenómeno denominado homoloxía profunda)<ref name="complejos">{{Cita web |url=http://www.nsf.gov/news/news_summ.jsp?org=NSF&cntn_id=111408&preview=false |título=And the First Animal on Earth Was a... |apelidos=Lily Whiteman, Zina Deretsky, Patrick Herendeen, National Science Foundation |data=10 de abril de 2008 |lingua=en|cita=But even after Dunn's team checked and rechecked their results and added more data to their study, their results still suggested that the comb jelly, which has tissues and a nervous system, split off from other animals before the tissue-less, nerve-less sponge.}}</ref>
 
Nos animais [[triblásticos]] ou [[bilaterales]], un grupo [[monofilético]], existen dous tipos de plans corporais chamados [[protóstomos]] e [[deuteróstomos]] que posúen á súa vez tres tipos de disposicións do sistema nervioso sendo estes os [[cicloneuros]], os [[hiponeuros]] e os [[epineuros]].<ref name="boletin_españa">Real Sociedad Española de Historia Natural, Instituto de Ciencias Naturales José de Acosta, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (Spain); [http://books.google.com.mx/books?id=YQAhAQAAIAAJ&dq=isoquilia+nototenia Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural: órgano del Instituto de Ciencias Naturales José de Acosta], volumes 65-66, Página 355</ref><ref name="protostomos">{{Cita libro |editorial=Campañía Internacional Editora |url=http://books.google.com/books?id=gxnlAAAAMAAJ&q=insectos+hiponeuros&dq=insectos+hiponeuros&hl=es&cd=3 |título=Enciclopedia temática Ciesa: Zoología, agronomía, veterianaria y zootecnica |páxina=37 |volume=3 |data=1967}}</ref> Unha diferenza esencial é que en protostomados e deuterostomados o sistema nervioso central se atopa en posicións invertidas. Durante moitos anos considerouse que estas e outras diferenzas indicaban plans corporais e SNC esencialmente distintos, pola posición relativa do SNC, do sistema dixestivo e do vaso circulatorio principal. Porén, diversos estudos moleculares efectuados dende a década de 1990, mostran que a rexión dorsal dos vertebrados estaría orixinada pola inversión do eixe corporal dorsal ventral atopado nos protostomados (que sería o orixinal). É dicir, os xenes que determinan a identidade da rexión dorsal dun vertebrado son os mesmos que os que determinan a identidade ventral nun protostomado. E isto leva a que se expresen os xenes de diferenciación do neuroectodermo, que finalmente dará orixe ao sistema nervioso central, dorsal en vertebrados, ventral en protostomados. Con todo, a discusión sobre a homoloxía do SNC é moi intensa, cambiando constantemente a dirección con novos datos logrados e interpretacións contrapostas.<ref>Véxase por exemplo Nomaksteinsky ''et al.''; Moroz e Tomer ''et al.'' (30) para diferentes visións sobre o tema.</ref>