Evolución converxente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
Os antepasados das aves e dos morcegos eran cuadrúpedes terrestres, e en cada un deles evolucionou independentemente o voo batente por medio de adaptacións das súas extremidades anteriores. Aínda que as adaptacións de ambas as extremidades teñen superficialmente "forma de á", teñen unha construción diferente (deixando á parte a súa estrutura xeral de extremidade de vertebrado, que é homóloga). A á de morcego é unha membrana que se estende entre os seus catro dedos ''extremadamente'' alongados e o corpo, mentres que o plano aerodinámico da á das aves está feito de plumas, que están fortemente unidas ao antebrazo (a ulna) e aos ósos fusionados do pulso e man (o carpometacarpo), onde só quedan os restos de dous dedos moi acurtados, cada un dos cales leva unha soa pluma. Tanto os morcegos como as aves mantiveron o polegar para funcións especializadas. Xa que logo, aínda que as ás das aves e morcegos son funcionalmente converxentes, non son anatomicamente converxentes en detalle.
 
Os trazos que se orixinan por evolución converxente denomínanse estruturas [[analoxía (bioloxía)|análogas]], a diferenza das estruturas [[homoloxía (bioloxía)|homoólogas]], que teñen unha orixe común, pero non necesariamente a mesma función.<ref name="Reece et al" /> As ás dun [[Pterosauria|pterosauro]] e as dun morcego son exemplos de estruturas análogas, mentres que a á dun morcego, a aleta anterior dunha [[balea]] e o brazo humano son estruturas homólogas, xa que comparten un estado ancestral a pesar de que se utilizan para diferentes funcións. As características similares compartidas entre especies procedentes de diferentes antepasados como resultado de evolución converxente denomínanse '''homoplasias[[homoplasia]]s'''.<ref name="Lomolino et al">{{Cita libro|last=Lomolino, M, Riddle, B, Whittaker, R, Brown, J|title=Biogeography, Fourth Edition|publisher=Sinauer Associates, Inc.|isbn=978-0-878-93-494-2|pages=426}}</ref>
O oposto da evolución converxente é a [[evolución diverxente]], na cal especies emparentadas inicialmente similares evolucionan dando lugar a diferentes trazos. A nivel molecular, isto pode ocorrer debido a mutacións aleatorias non relacionadas con cambios adaptativos; ver [[atracción da ramas longas]].
A evolución converxente é similar, pero non igual, ao fenómeno da [[evolución paralela]]. A evolución paralela occorre cando dúas especies independentes pero similares evolucionan na mesma dirección e así adquiren independentemente características similares, por exemplo as ras planeadoras evolucionaron en paralelo con diversos tipos de ras arborícolas.