Antonio López Díaz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Biografía}}
m + info e ref.
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Estudou no [[seminario de Mondoñedo]] e rematou o [[bacharelato]] no IES San Rosendo de [[Mondoñedo]]. MarchaMarchou aestudar [[Santiago de Compostela]] a estudar, onde se licenciou en [[dereito]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1986]] e onde se doutorou en [[1991]]. Como investigador e docente desenvolveu a súa carreira na área do dereito financeiro.
 
Formou parte do equipo reitoral de [[Darío Villanueva]] entre [[1998]] e [[2002]], ocupándose das áreas de infraestruturas e de coordinación do campus de Santiago. En [[2002]] abandonou a dirección da USC e tres anos máis tarde, en [[2005]], foi elixido decano da Facultade de [[Dereito]], cargo no que permaneceu durante tres anos. Nese ano, [[2007]], foi elixido como conselleiro de Contas polo Parlamento de Galicia, e pasou a presidir a institución como conselleiro maior ata [[2010]], ano no que foi relevado por [[Luciano Fariña]].
 
En [[2013]] abandonou o Consello de Contas e reincorporouse á carreira universitaria; meses despois presentou a súa candidatura a reitor, pero foi derrotado en abril de [[2014]] polo matemático [[Juan Viaño]] grazas a unha estreita marxe. Con todo, volvería posturlarse para o posto de reitor, que logrou ao derrotar a Viaños nas elección universitarias de maio de [[2018]]<ref>[http://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/16535/antonio-lopez-e-manuel-reigosa-novos-reitores-das-universidades-de-santiago-e-vigo/ ''Antonio López e Manuel Reigosa, novos reitores das universidades de Santiago e Vigo''], ''[[Praza Pública]]'', [[23 de maio]] de [[2018]].</ref>.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}