Antonio López Díaz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
{{Biografía}}
Liña 1:
{{Biografía}}
{{Outros homónimos|Antonio López}}
'''Antonio López Díaz''', nado en [[Cabarcos, Barreiros|Cabarcos]] ([[Barreiros]]) en [[1964]] é un xurista [[Galicia|galego]], especialista en dereito financeiro.
 
== Traxectoria ==
Estudou no [[seminario de Mondoñedo]] e rematou o [[bacharelato]] no IES San Rosendo de [[Mondoñedo]]. Marcha a [[Santiago de Compostela]] a estudar, onde se licenciou en [[dereito]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1986]] e onde se doutorou en [[1991]]. Como investigador e docente desenvolveu a súa carreira na área do dereito financeiro.
 
Formou parte do equipo reitoral de [[Darío Villanueva]] entre [[1998]] e [[2002]], ocupándose das áreas de infraestruturas e de coordinación do campus de Santiago. En [[2002]] abandonou a dirección da USC e tres anos máis tarde, en [[2005]], foi elixido decano da Facultade de [[Dereito]], cargo no que permaneceu durante tres anos. Nese ano, [[2007]], foi elixido como conselleiro de Contas polo Parlamento de Galicia, e pasou a presidir a institución como conselleiro maior ata [[2010]], ano no que foi relevado por [[Luciano Fariña]].