Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
 
==Traxectoria==
Comezou a súa carreira no teatro en [[A Farándula]] (Vigo, 1980), compañía na que colaborou ata a súa desaparición. Fundador de [[Tranvía Teatro]] (1989), con [[Cándido Pazó]], e de [[Ollomol Tranvía|Ollomoltranvía]] (1993),<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=González|nome=Avelino|data=2000|título=De Tranvía-Teatro a Ollomoltranvía|PMC=|revista=Información teatral|doi=|ISSN=|PMID=|volume=24|páxinas=38-39|número=}}</ref> é un nome consolidado no panorama escénico. Deu o salto ao cine en 1987 con ''Gallego'', no que ten feito filmes nos que destaca ''[[¿A ti como se che di adeus?]]'' Na pequena pantalla ten actuado en programas de lecer (''Arestora'', ''Luar''...), series (''Mareas Vivas'', ''Galicia Express''...) e telefilmes (''Condenado a vivir''). O seu personaxe Miñato, da serie ''[[Padre Casares]]'', é un dos que máis popularidade lle dan. Foi presidente da [[Asociación de actores e actrices de Galicia]] entre 2013 e 2015<ref>{{Cita web|url=http://aaag.gal/info/directiva?xunta=2013-2015|páxina-web=aaag.gal|título=A Asociación|data-acceso=2018-04-21|lingua=gl}}</ref>.
 
Na actualidade salienta o seu traballo como narrador, actor, tradutor e director teatral. Nas súas historias o humor combínase cun emprego enxeñoso da lingua, a historia, a memoria, a literatura, a tradición oral e mais a crítica social e política. Mantén un fío de escrita creativa no facebook, titulado "Blogme tendal" a partir de fotografías de roupa estendida, ao xeito das [[cousas]] de [[Castelao]]. Unha delas foi publicada na revista ''[[Luzes de Galiza|Luzes]]''. Participou no audio-libro ''Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó'' editado polo Consello da Cultura Galega, 2010.<ref>{{Cita libro|título=Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó|apelidos=Rodríguez Castelao|nome=Afonso|editorial=Consello da Cultura Galega|ano=2010|ISBN=84-95415-23-2|ref=}}</ref> Interviu na homenaxe a [[Xela Arias]], con quen mantiña relación de amizade, que tivo lugar en Vigo en 2014, e mais no libro ''Xela Arias, quedas en nós''.
 
Ten publicado, de maneira puntual, colaboracións sobre teatro nas revistas ''ADE: Teatro'', [[Escaramuza|''Escaramuza'']], ''Información Teatral''. A revista [[Luzes|''Luzes'']] recolle unha das cousas de Blogme Tendal.
 
==Teatro==
===Como actor===
*''Tarará-chis-pum'', produción do [[Centro Dramático Galego]]; dirixido por Artello Teatro Alla Scala (2006).
*''As laranxas mais laranxas de todas as laranxas'', de [[Carlos Casares]], (CDG); dirixido por José Caldas (2004)
*''Animaliños'', de R. Vidal Bolaño (Compañía Teatro do Aquí); dirixido por [[Roberto Vidal Bolaño]] (2002)
*''A historia de Brancaflor'', 2014, producido por Coperactiva. Adaptación do conto marabilloso recollida por [[Xosé Ramón Mariño Ferro]] realizada por Avelino González e [[Fran Rei]]. Espectáculo infantil.<ref>{{Cita novas|xornal=vdocuments.mx|título=Catálogo RGTA 2013 2º semestre - [PDF Document]|url=https://vdocuments.mx/catalogo-rgta-2013-2o-semestre.html|lingua=en|data-acceso=2018-04-22}}</ref>
*''Pelos na lingua'', 2011. Estrea no Pazo da Cultura de Carballo por [[Talía Teatro]].<ref>{{Cita web|url=http://taliateatro.gal/gl/espectaculos/pelos-na-lingua|páxina-web=taliateatro.gal|título=Pelos na lingua - Talía Teatro · Compañía de Teatro galega|data-acceso=2018-04-22|lingua=gl}}</ref> A partir de textos de Avelino González, María Ordóñez, [[Artur Trillo]] e [[Séchu Sende]].
*''Tarará-chis-pum 2007.'' Texto do espectáculo do mesmo nome. Creación colectiva de Anabel Gago, Avelino González, Bea Porrúa, Fran Peleteiro, José Carlos Illanes, Manuel Polo, Noemi Rodríguez, Rosa Hurtado e Santiago Montenegro. Foi publicado en libro en Laiovento, 2011.
*''Crónica de Avilés de Taramancos'', 2003, producido por [[Falabarato]].
*''Bicos con lingua'', 2003. Estrea no Teatro Principal de Compostela, producido por [[Talía Teatro]]. A partir de relatos de [[Suso de Toro]], [[Cándido Pazó]], Avelino González, Ana Iglesias, [[Xavier Lama]], Marta Echevarría e [[Manuel Núñez Singala]].<ref>{{Cita web|url=http://taliateatro.gal/gl/espectaculos/bicos-con-lingua|páxina-web=taliateatro.gal|título=Bicos con Lingua - Talía Teatro · Compañía de Teatro galega|data-acceso=2018-04-22|lingua=gl}}</ref>
648

edicións