Eugenio Montes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
m modelo biografía
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
A familia trasladouse a [[Bande]], en [[Provincia de Ourense|Ourense]], polo que o escritor considerouse sempre banduensebandés e ourensán. Estudou o bacharelato en [[Ourense]], e máis tarde iniciou en [[Barcelona]] Filosofía e Letras e Dereito, carreiras que rematou, respectivamente, en Madrid e [[Oviedo]]. Doutorouse en Filosofía e Letras cunha tese dirixida por [[José Ortega y Gasset]] na [[Universidade Central de Madrid]]. Por esta época iniciouse como escritor con colaboracións literarias en xornais de Ourense e Vigo.
[[Ficheiro:Cadro de persoal da revista Ronsel. 1924.jpg|miniatura|300px|Cadro de persoal de ''[[Ronsel]]'']]
En [[1922]] trasladouse a Madrid, fíxose socio do Ateneo e participou no faladoiro de La Ballena Alegre, xunto a [[Rafael Cansinos Asséns]], [[Ramón Gómez de la Serna]] e [[Pedro Mourlane Michelena]]. Da man de Ortega colaborou na ''[[Revista de Occidente]]'' e entrou en contacto con [[Miguel de Unamuno]]. Tamén se relacionou coa vida cultural da [[Residencia de Estudiantes]] e con algúns poetas da xeración do 27: [[Federico García Lorca]], [[Rafael Alberti]] e [[Gerardo Diego]] (a través do que se inclina polo [[ultraísmo]]). Publicou en revistas ultraístas como ''Cervantes'', ''Grecia'', ''Ultra'', ''Perseo'', ''Cosmópolis'' e ''Horizonte''.