Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 10:
 
=== Historia ===
Tras a expulsión dos xesuítas en [[1767]] o rei [[Carlos III de España|Carlos III]] concédelle á Universidade os terreos e edificios que esta orde relixiosa posuía en Santiago, comezando en [[1769]] a construción do novo edificio da Universidade, que foi inaugurado en [[1805]]. Coa chegada do [[século XX]] rexístrase un aumento no número de alumnos, así como da oferta académica, coa conseguinte dotación de infraestruturas. Remátase en [[1901]] a ampliación do edificio central da Universidade, e constrúense os edificios da Facultade de Medicina (que, xunto coa de Farmacia, ocupaba o [[Pazo de Fonseca]]) co apoio de [[Eugenio Montero Ríos]], a Facultade de Veterinaria (actual sede do [[Parlamento de Galicia]]) e o Colexio de Xordomudos (actual sede administrativa da [[Xunta de Galicia]], en [[San Caetano, Santiago de Compostela|San Caetano]]).<ref name=HU>[http://www.usc.es/gl/info_xeral/historia/index.html Historia da USC]. [[USC]].</ref> O edificio da ''Universidade central'', rematado polas estatuas dos catro benfeitores e, enriba de todo, a escultura de [[Minerva]] e as [[Ciencia]]s, grupo escultórico tallado polo [[Noia|noiés]] [[José Ferreiro]] (1738-1830), que se retirou para ser instalado, en [[1962]], no novo edificio da Facultade de Ciencias no Campus Sur,<ref>[http://memoriasdecompostela.blogspot.com.es/2012/12/grupo-escultorico-de-minerva-y-los.html Grupo escultórico de Minerva y los geniecillos de las Ciencias] en Memorias de Compostela.</ref> daquela coñecido como A Residencia.
 
=== Características ===
Liña 19:
O edificio ten planta cadrada, organizado arredor dun gran [[claustro]] ou patio central, construído con [[perpiaño]]s regulares de [[granito]]. Orixinariamente contaba con dous andares, a planta terrea e outra superior, comunicadas por unha escaleira de dobre tiro na entrada. A planta inferior ten unha [[galería]] ou corredor arredor do patio, cuberto con bóveda rebaixada, á que se abren as aulas, mentres que os andares superiores teñen teitos rectos. A fachada, de estilo [[neoclásico]] e académico, de gran sobriedade, organízase de maneira simétrica, con dous corpos lixeiramente adiantados nos extremos, decorados con pilastras xigantes de [[orde xónica]], e un corpo central con escalinata e pórtico de columnas tamén xigantes, de orde xónica e fuste liso, montadas sobre altos plintos. Columnas e pilastras sosteñen un entaboado con friso liso, sen decoración. Na planta terrea ábrense fiestras alinteladas mentres que nos andares superiores os vans cóbrense de arcos rebaixados.<ref name=PG/>
 
Primitivamente, a porta de entrada estaba coroada por un [[Frontón (arquitectura)|frontón]] triangular, co preceptivo [[escudo de España]] no centro do tímpano flanqueado por dous leóns, e unha monumental estatua de Minerva como [[acroterio]], acompañada de figuras de xenios ou nenos nas esquinas. Esta disposición primitiva alterouse profundamente a finais do [[século XIX]] ao engadir un novo andar ao edificio, que supuxo a supresión do frontón e a eliminación das estatuas, que hoxe decoran a Facultade de Química, como quedou dito. Como resultado da reforma, no lugar do frontón, directamente sobre o entaboado, colocáronse catro estatuas colosais exentas, que representan a catro benfeitores da Universidade: o notario compostelán [[Lopo Gómez de Marzoa]], que fundou un Colexio para estudantes pobres no ano [[1495]] e, tras o fracaso de dita institución, foi un dos promotores e padróns do ''Studium Generale'' (coñecido como [[Colexio de Santiago Alfeo]]) instituído en [[1501]],<ref>Amparo Rubio Martínez & Miguel García Fernández (2016): [http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewFile/403/410 Las últimas voluntades de Lope Gómez de Marzoa: un ''ome poderoso y muy emparentado en la cibdad de Santiago'']. ''Cuadernos de Estudios Gallegos'' LXIII Núm. 129, pp. 243-286.</ref> o [[cóengo]] e antigo reitor da Universidade [[Diego Juan de Ulloa]],{{sfn|VV. AA.|1995|p=100}} [[Álvaro de Cadaval]], que entre [[1542]] e [[1545]] ocupou o cargo de primeiro catedrático de [[gramática]] da Universidade,<ref>[[Manuel Díaz y Díaz|Díaz y Díaz, Manuel Cecilio]] (1996): "Álvaro de Cadaval, primer latinista de la Universidade de Santiago: unas notas". ''Cuadernos de estudios Gallegos'', Tomo XLIII, Nº 1808, pp. 346-347.</ref> e o [[Condado de Monterrei| III conde de Monterrei]], [[Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca]], que foi padrón do Colexio de Santiago Alfeo, ou de Fonseca, que fundara seu tío [[Alonso de Fonseca e Ulloa]].<ref name=HU>{{Cita web|url=http://www.usc.es/gl/info_xeral/historia/index.html|páxina-web=Universidade de Santiago de Compostela|título=Historia da USC|data-acceso=23 de abril de 2018}}</ref> Sobre o muro, no centro, instalouse un panel en relevo que representa á alegoría da sabedoría coroando con follas de loureiro á mocidade estudantil. A un lado e outro deste relevo locen senllos medallóns cos retratos dos fundadores da Universidade, [[Diego de Muros III]], e [[Alonso III de Fonseca]]. Coroando a [[cornixa]] superior, dúas figuras femininas sosteñen un escudo coas armas abreviadas da [[España|coroa española]].<ref name=PG/>
 
==== Interior ====