Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Sen resumo de edición
Liña 19:
O edificio ten planta cadrada, organizado arredor dun gran [[claustro]] ou patio central, construído con [[perpiaño]]s regulares de [[granito]]. Orixinariamente contaba con dous andares, a planta terrea e outra superior, comunicadas por unha escaleira de dobre tiro na entrada. A planta inferior ten unha [[galería]] ou corredor arredor do patio, cuberto con bóveda rebaixada, á que se abren as aulas, mentres que os andares superiores teñen teitos rectos. A fachada, de estilo [[neoclásico]] e académico, de gran sobriedade, organízse de maneira simétrica, con dous corpos lixeiramente adiantados nos extremos, decorados con pilastras xigantes de [[orde xónica]], e un corpo central con escalinata e pórtico de columnas tamén xigantes, de orde xónica e fuste liso, montadas sonbre altos plintos. Columnas e pilastras sostexen un entaboamento con friso liso, sen decoración. Na planta terrea ábrense fiestras alinteladas mentres que nos andares superiores os vans cúbrense de arcos rebaixados.<ref name=PG/>
 
Primitivamente, a porta de entrada estaba coroada por un [[Frontón (arquitectura)|frontón]] triangular, co preceptivo [[escudo de España]] no centro do tímpano flanqueado por dous leóns, e unha monumental estatua de Minerva como [[acroterio]], acompañada de figuras de xenios ou nenos nas esquinas. Esta disposición primitiva alterouse profundamente a finais do [[século XIX]] ao engadir un novo andar ao edificio, que supuxo a supresión do frontón e a eliminación das estatuas, que hoxe decoran a Facultade de Química, como quedou dito. Como resultado da reforma, no lugar do frontón, directamente sobre o entaboamento, ubicáronse catro estatuas colosais exentas, que representan a catro benefactores da Universidade: o notario compostelán [[Lopo Gómez de Marzoa]], que fundou un Colexio para estudantes pobres no ano [[1495]] e, tras o fracaso de dita institución, foi un dos promotores e padróns do ''Studium Generale'' (coñecido como [[Colexio de Santiago Alfeo]]) instituído en [[1501]],<ref>Amparo Rubio Martínez & Miguel García Fernández (2016): [http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewFile/403/410 Las últimas voluntades de Lope Gómez de Marzoa: un ''ome poderoso y muy emparentado en la cibdad de Santiago'']. ''Cuadernos de Estudios Gallegos'' LXIII Núm. 129, pp. 243-286.</ref> o [[cóengo]] e antigo reitor da Universidade [[Diego XoánJuan de Ulloa]],{{sfn|VV. AA.|1995|p=100}} [[Álvaro de Cadaval]], que entre [[1542]] e [[1545]] ocupou o cargo de primeiro catedrático de [[gramática]] da Universidade, e o [[Condado de Monterrei|conde de Monterrei]]. Sobre o muro, no centro, instalouse un panel en relevo que representa á alegoría da sabedoría coroando con follas de loureiro á mocidade estudantil. A un lado e outro deste relevo locen sendos medallóns cos retratos dos fundadores da Universidade, [[Diego de Muros III]], e [[Alonso III de Fonseca]]. Coroando a [[cornixa]] superior, dúas figuras femininas sosteñen un escudo coas armas abreviadas da [[España|coroa española]].<ref name=PG/>
 
==== Interior ====