Dique (construción): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*escolleira: coieira neste caso
Liña 60:
* etc.
 
Os diques en talude tradicionalmente construíronse mediante un núcleo enriba do cal se superpoñían capas de elementos de tamaño crecente separados por capas de filtro. Actualmente, os elementos maiores (que conforman os mantos exteriores) son pezas de [[formigón|formigón en masa]] de diferentes formas (cubos, dolos, tetrápodes, etc.), que substitúen á escolleiracoieira. Os diques en talude que non resisten a ondada provocan a rotura do mesmo.
 
Os diques verticais están formados por caixóns de [[formigón armado]] que se trasladan flotando ao lugar de fondeo, onde se afunden, para despois rechealos con áridos, de forma que constitúan unha estrutura ríxida. As vantaxes deste tipo de diques son que para unha mesma profundidade, requiren moito menos material que os diques crebaondas, e que se poden prefabricar. Con todo, presentan algunhas desvantaxes como son que concentran o seu peso nunha superficie menor, e polo tanto requiren un solo máis resistente para a súa colocación, e que reflicten gran parte da ondada que incide sobre eles, aumentando os esforzos sobre a estrutura e dificultando a navegación nas inmediacións do dique vertical. Ademais, non presentan unha rotura gradual como os seus homólogos diques en talude, cousa que provoca que se teñan que dimensionar para ondas de máis altura.