Diferenzas entre revisións de «Bares, Mañón»

*escolleira: forma inexistente.
m (→‎Outros artigos: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san)
(*escolleira: forma inexistente.)
O porto de Bares aparece citado por primeira vez o ano [[916]] nun documento do rei [[Ordoño II]], quen concedeu o señorío da Vila de Bares e un [[mosteiro]] sito na parroquia de [[Mogor, Mañón|Mogor]] ao bispo de [[Mondoñedo]] Sabarico II. Pero a súa existencia como vila e como porto se remonta a moitos séculos antes. Atopáronse moedas fenicias, ''tégulas'', ánforas e unha necrópole romana. Atopáronse tamén varias [[mámoa]]s.
 
O [[peirao]] do porto de Bares, unha gran construción a xeito de escolleira de grandes pelouros coñecida co nome do Coído, pode considerarse o porto máis antigo dos coñecidos no noroeste da [[Península Ibérica]], talvez de orixe [[fenicios|fenicia]]{{cómpre referencia}}. Moitos expertos, incluíndo [[Federico Maciñeira]] e [[Fernando Alonso Romero]], asignáronlle unha cronoloxía pre ou protohistórica, tendo en conta os frecuentes e importantes achados efectuados neste lugar. Unha teoría alternativa é a de que é se remonta ao [[século XIII]] ou [[século XIV|XIV]], cando se xeneralizou a caza da [[balea]] no litoral cantábrico, e Bares converteuse nun porto refuxio para os [[barco]]s baleeiros.
 
Quedan os restos dunha base do Exército dos Estados Unidos, pertencente ao sistema LORAN para control das comunicacións aéreas. Foi abandonada no ano 1991 trala caída do [[pano de aceiro]] e a redución de gastos militares dos Estados Unidos.
30.619

edicións