Avelino González: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10:
[[Ficheiro:4f7a9ad7da895-encontro2 Avelino González, Xesús Ron, Xulio Lago.jpg|miniatura|dereita|Avelino González (esquerda) con [[Xesús Ron]] e [[Xulio Lago]] nunha entrevista.]]
 
'''Xosé Avelino González Fernández''', coñecido como '''Avelino González''', nado en [[Santo André de Comesaña, Vigo|Santo André de Comesaña]] ([[Vigo]]) en [[1962]], é un actor [[Galicia|galego]], narrador oral, director e tradutor de teatro, e especialista en comedia, contacontos e animación de rúa. A súa irmá é [[Helena González Fernández]].
 
==Traxectoria==
Comezou a súa carreira no teatro en [[A Farándula]] (Vigo, 1980), compañía na que colaborou ata a súa desaparición. Fundador de [[Tranvía Teatro]] (1989), con [[Cándido Pazó]], e de [[Ollomol Tranvía|Ollomoltranvía]] (1993), é un nome consolidado no panorama escénico. Deu o salto ao cine en 1987 con ''Gallego'', no que ten feito filmes nos que destaca ''[[¿A ti como se che di adeus?]]'' Na pequena pantalla ten actuado en programas de lecer (''Arestora'', ''Luar''...), series (''Mareas Vivas'', ''Galicia Express''...) e telefilmes (''Condenado a vivir''). O seu personaxe Miñato, da serie ''[[Padre Casares]]'', é un dos que máis popularidade lle dan. Foi presidente da [[Asociación de actores e actrices de Galicia]] entre 2013 e 2015<ref>{{Cita web|url=http://aaag.gal/info/directiva?xunta=2013-2015|páxina-web=aaag.gal|título=A Asociación|data-acceso=2018-04-21|lingua=gl}}</ref>.
 
Na actualidade salienta o seu traballo como narrador, actor, tradutor e director teatral. Nas súas historias o humor combínase cun emprego enxeñoso da lingua, a historia, a memoria, a literatura, a tradición oral e mais a crítica social e política. Mantén un fío de escrita creativa no facebook, titulado "Blogme tendal" a partir de fotografías de roupa estendida, ao xeito das [[cousas]] de [[Castelao]]. Participou no audio-libro ''Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó'' editado polo Consello da Cultura Galega, 2010.<ref>{{Cita libro|título=Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó|apelidos=Rodríguez Castelao|nome=Afonso|editorial=Consello da Cultura Galega|ano=2010|ISBN=84-95415-23-2|ref=}}</ref>
 
==Teatro==
Liña 41:
* ''The Telephone'', 2015, de [[Gian Carlo Menotti]] para a [[Real Filharmonía de Galicia]].
 
*''A historia de Brancaflor'', 2014, producido por Coperactiva. Adaptación do conto marabilloso recollida por [[Xosé Ramón Mariño Ferro]] realizada por Avelino Alonso e [[Fran Rei]]. Espectáculo infantil.<ref>{{Cita novas|xornal=vdocuments.mx|título=Catálogo RGTA 2013 2º semestre - [PDF Document]|url=https://vdocuments.mx/catalogo-rgta-2013-2o-semestre.html|lingua=en|data-acceso=2018-04-22}}</ref>
*''Brancaflor'', 2014, producido por Coperactiva.
*''Pelos na lingua'', 2011. Estrea no Pazo da Cultura de Carballo por [[Talía Teatro]].<ref>{{Cita web|url=http://taliateatro.gal/gl/espectaculos/pelos-na-lingua|páxina-web=taliateatro.gal|título=Pelos na lingua - Talía Teatro · Compañía de Teatro galega|data-acceso=2018-04-22|lingua=gl}}</ref> Guion aA partir de textos de Avelino González, María Ordóñez, [[Artur Trillo]] e [[Séchu Sende]].
*''Crónica de Avilés de Taramancos'', 2003, producido por [[Falabarato]].
*''Bicos con lingua'', 2003. Estrea no Teatro Principal de Compostela, producido por [[Talía Teatro]]. Guión aA partir de relatos de [[Suso de Toro]], [[Cándido Pazó]], Avelino González, Ana IgresiasIglesias, [[Xavier Lama]], Marta Echevarría e [[Manuel Núñez Singala]].<ref>{{Cita web|url=http://taliateatro.gal/gl/espectaculos/bicos-con-lingua|páxina-web=taliateatro.gal|título=Bicos con Lingua - Talía Teatro · Compañía de Teatro galega|data-acceso=2018-04-22|lingua=gl}}</ref>
*''Love letters'', 2001, de [[A.R. Gurney]], producido por [[Lagarta, lagarta]].
 
=== Como tradutor e adaptador ===
Liña 92:
*''[[O campo de atrás|O Campo de Atrás]]'' dirixido por Manuel Pombal para a TVG (1988). Infantil.
 
=== Narración oral ou contacontos ===
Ten participado en numerosos festivais de narración oral galegos e internacionais.<ref>{{Cita web|url=http://galegoenlondres.gal/falalondres/avelino-gonzalez/|páxina-web=Fala Londres|título=O actor Avelino González tráenos a mellor narración oral galega a Londres|data-acceso=2018-04-22|lingua=gl-ES}}</ref><ref>{{Cita libro|título="A recuperación do oficio de contacontos en Ourense dende 1993", Actas do II Congreso Internacional de Etnografía. O patrimonio do século XXI.|apelidos=García Rodicio|nome=Juan José|editorial=Serie Raigame|ano=2016|ISBN=978-84-691-8835-4|ref=}}</ref>
 
O espectáculo ''Vento mareiro'' xorde do Primeiro Concerto expansivo [[Nunca Máis]] organizado pola [[Plataforma contra a Burla Negra]] en 2003. Trátase dunha colaboración do narrador oral co grupo musical[[Cuarteto Caramuxo]]. Nel recóllense historias viradas ao mar: unha copla do entroido de Cee sobre a [[Caza de baleas en Galicia|caza de baleas]] e as factorías de Caneliñas e de [[Massó Hermanos|Massó]], un conto arredor da relación mítica de Galicia coas sereas, outra historia sobre un paisano de Noia chamado Andrucho que pasou de patrón de veleiro a patrón de gabarra no Amazonas organizando remesas de armas para a guerrilla colombiana, unha historia de pesca no Gran Sol.<ref>{{Cita novas|data=2004-01-20|xornal=La Voz de Galicia|título=Avelino González y Caramuxo llevan su propuesta músico-vocal al teatro Galán|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2004/01/20/avelino-gonzalez-caramuxo-llevan-propuesta-musico-vocal-teatro-galan/0003_2346693.htm|lingua=es-ES|data-acceso=2018-04-22}}</ref> A narración oral combínase coa parte musical (habaneras, valses, pasodobres e jazz). <blockquote>O contacontos é fonte de historias, sucesos e anécdotas amables, tráxicas ou canallas como contar a historia das baleas de Massó en Cangas e o xabón de La Toja; a da decadencia do acordeón por culpa das sereas que acaban bailando o tico-tico homenaxeando ós Acordeóns Mallo; ou a historia do Andrucho -de Avilés de Taramancos- que de patrón de veleiro na ría de Noia, converteuse, xa vello, en contrabandista no Amazonas. Os autores definen o espectáculo como bailable, «a medio camiño entre unha sesión de contacontos e a sesión vermouth. <ref>{{Cita novas|data=2005-05-27|xornal=La Voz de Galicia|título=O espectáculo «Vento mareiro» repasa hoxe contos do mar con ritmos bailables|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2005/05/27/espectaculo-vento-mareiro-repasa-hoxe-contos-do-mar-ritmos-bailables/0003_3766458.htm|lingua=es-ES|data-acceso=2018-04-22}}</ref></blockquote>''Vento mareiro'' foi o espectáculo máis representado en Galicia en 2005.<ref>{{Cita web|url=http://www.galiciaenelmundo.es/nota/1308|páxina-web=www.galiciaenelmundo.es|título=Avelino González e Caramuxo estrean o seu novo espectáculo en Noia: Vento Mareiro {{!}} Galicia en el Mundo {{!}} Galicia no Mundo|data-acceso=2018-04-21|lingua=es}}</ref>
 
Algúns dos seus monólogos e contos son:
 
* ''Entre un galo e un polbo'' (2017), baseado na vida e na obra literaria de [[Carlos Casares]].<ref>{{Cita novas|data=2017-04-27|xornal=Telemariñas|título=Monólogo de Avelino González en Nigrán - Telemariñas|url=https://telemarinas.com/monologo-avelino-gonzalez-nigran/|lingua=es-ES|data-acceso=2018-04-22}}</ref>
* ''Contos de contrabando'' (2017)<ref>{{Cita novas|apelidos=Vigo|nome=Faro de|título=Avelino González actuará en el museo Ramón Aller|url=http://www.farodevigo.es/opinion/2018/03/21/avelino-gonzalez-actuara-museo-ramon/1858644.html|data-acceso=2018-04-21}}</ref><ref>{{Cita web|url=https://www.youtube.com/watch?v=ZH7mPO9TDHs|apelidos=AAVV Zarracós|data=2017-07-30|título=Avelino González - Contos de contrabando (1)|data-acceso=2018-04-21}}</ref><ref>{{Cita web|url=https://www.youtube.com/watch?v=8ErZ9GiGg2c|apelidos=AAVV Zarracós|data=2017-07-31|título=Avelino González - Contos de contrabando (2)|data-acceso=2018-04-21}}</ref><ref>{{Cita web|url=https://www.youtube.com/watch?v=xPxt8YvBCsg|apelidos=AAVV Zarracós|data=2017-07-31|título=Avelino González - Contos de Contrabando (3)|data-acceso=2018-04-21}}</ref>
* "O conto da lumbrighanta e anguiacho", no encontro [[Ponte... nas ondas!]] (2016), baseado en ''Os ausentes de Casteltón'', de Jacobo Barros
Liña 106:
* "De como os galegos falamos portugués ao acatarrármonos" (2011)<ref>{{Cita web|url=https://www.youtube.com/watch?v=KozkrtUzQCI|apelidos=asgabarras|data=2011-04-12|título=Avelino González. De como os galegos falamos portugués ao acatarrármonos|data-acceso=2018-04-21}}</ref>
* "Algúns exemplos de lingüística gastronómica" (2011)<ref>{{Cita web|url=https://www.youtube.com/watch?v=AfT87bkF0Xs|apelidos=asgabarras|data=2011-04-12|título=Avelino González. Algúns exemplos de Lingüística Gastronómica|data-acceso=2018-04-21}}</ref>
* ''Vento mareiro'', creado por Avelino González e o Cuarteto Caramuxo. Estrea oficial no Coliseo Noela de Noia en 2005. Guion con textos de [[Manuel Rivas]], [[Xurxo Souto]], [[Antón Avilés de Taramancos]] e o propio Avelino González
* "El e ela" (2008)<ref>{{Cita web|url=https://www.youtube.com/watch?v=QcxKgALghpY|apelidos=jornadasdoconto|data=2008-09-17|título=Jornadas do Conto: Avelino González|data-acceso=2018-04-21}}</ref>