Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Deseño: arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 10:
 
=== Historia ===
Tras a expulsión dos xesuítas en [[1767]] o rei [[Carlos III de España|Carlos III]] concédelle á Universidade os terreos e edificios que esta orde relixiosa posuía en Santiago, constituíndosecomezando oen [[1769]] a construción do novo edificio da Universidade, que foi inaugurado en [[1805]]. Coa chegada do [[século XX]] rexístrase un aumento no número de alumnos, así como da oferta académica, coa conseguinte dotación de infraestruturas. Remátase en [[1901]] a ampliación do edificio central da Universidade, e constrúense os edificios da Facultade de Medicina (que, xunto coa de Farmacia, ocupaba o [[Pazo de Fonseca]]) co apoio de [[Eugenio Montero Ríos]], a Facultade de Veterinaria (actual sede do [[Parlamento de Galicia]]) e o Colexio de Xordomudos (actual sede administrativa da [[Xunta de Galicia]], en [[San Caetano, Santiago de Compostela|San Caetano]]).<ref name=HU>[http://www.usc.es/gl/info_xeral/historia/index.html Historia da USC]. [[USC]].</ref> O edificio da ''Universidade central'', rematado polas estatuas dos catro ''benefactores'' e, enriba de todo, a escultura de [[Minerva]] e as [[Ciencia]]s, grupo escultórico tallado polo [[Noia|noiés]] [[José Ferreiro]] (1738-1830), que se retirou para ser instalado, en [[1962]], no novo edificio da Facultade de Ciencias no [[USC|Campus Sur]],<ref>[http://memoriasdecompostela.blogspot.com.es/2012/12/grupo-escultorico-de-minerva-y-los.html Grupo escultórico de Minerva y los geniecillos de las Ciencias] en Memorias de Compostela.</ref> daquela coñecido como ''A Residencia''.
 
=== Caractertísticas ===